Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra amósanos como aproveitar a Rede para enriquecer e visualizar o noso currículo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra amósanos como aproveitar a Rede para enriquecer e visualizar o noso currículo

Redacción
Publicado: 31/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O profesor José Vicente Novegil, responsable de impartir o curso
O profesor José Vicente Novegil, responsable de impartir o curso
O profesor da Facultade de Fisioterapia do Campus de Pontevedra, José Vicente Novegil, vai impartir en abril e maio un obradoiro encamiñado a achegarnos aos máis axeitados recursos para facermos da Rede un instrumento de promoción académica e profesional. Ou sexa, para tirar proveito dela á hora de amplificar ao máximo as posibilidades de visualizar o noso portfolio ou currículo enriquecido. O curso, que é aberto, desenvolverase entre o 18 de abril e o 4 de maio na Aula Tecnolóxica das Casa das Campás. Entre os días 4 e o 17 de abril manterá aberta a súa inscrición (matrícula de balde) a través da plataforma Bubela. A actividade, inserida no programa formativo da Vicerreitoría do Campus para este segundo cuadrimestre, na Aula Tecnolóxica, complétase con actividades como Introdución ao retoque fotográfico con Adobe Photoshop, que mantén aberta a súa inscrición ata este xoves 30 e para ao que aínda existen prazas vacantes.
Segundo explica o profesor Novegil, “a idea do portfolio vén do contexto da arte, onde os artistas incluían neles as súas obras, exposicións ou críticas por parte de terceiros”, actuando en sentido literal coma “un currículo enriquecido”. Segundo engade, a Rede pode amplificar ao máximo a capacidade comunicativa e expresiva deste documento, non só os seus contidos en si mesmos. Así, sinala, “a translación deste portfolio do papel ao mundo dixital permite incorporar a este unha maior variedade de materiais, “como o audio dunha determinada intervención, vídeos…”, o que suma “meirande riqueza” a este escaparate académico e profesional, á vez que permite poñelo “a disposición dunha audiencia maior”.
Partindo destas premisas, Novegil guiará ao alumnado deste curso de 12 horas na creación dos seus propios portfolios dixitais a través de diferentes programas, xa que “calquera ferramenta que permita editar é susceptible de ser un soporte para crear un”. E engade: “Quero que fagan un portfolio adaptado ao seu contexto persoal e o que vou propor son posibilidades”, salienta dunha actividade na que, nalgúns casos, optará por articular esta ferramenta a través dun blog, noutros por “aproveitar os seus perfís en Linkedin como soporte base” ou por empregar ferramentas como Google Sites.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?