Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Dicionario en liña da RAG achega buscas avanzadas por categoría gramatical
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Dicionario en liña da RAG achega buscas avanzadas por categoría gramatical

Redacción
Publicado: 31/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dicionariolab-2.jpgO Dicionario en liña da RAG (Real Academia Galega) vén de estrear unha nova funcionalidade dirixida a ampliar e optimizar as procuras de termos. Trátase dunha ferramenta que permite a busca avanzada por categoría gramatical. Segundo conta a RAG a respecto destes cambios, o Dicionario en liña contaba ata o de agora cun recurso para buscas avanzadas que facía posible escollermos entradas en función da secuencia de caracteres con que “comezan” e/ou “rematan”, das voces empregadas nas definicións e/ou nos exemplos e mais do tecnolecto ao que pertence a palabra. Porén, sinala a academia, “dende este intre será posible tamén buscar os termos en relación á súa categoría gramatical, podendo elixir entre as clases de palabra que sinalan a maioría das gramáticas xerais”.
Estes tipos son: adverbio, adxectivo, artigo, contracción, conxunción, demostrativo, exclamación, indefinido, interrogativo, interxección, locución, numeral, participio, posesivo, preposición, pronome, relativo, substantivo e verbo.
A RAG tamén explica que con estas melloras poderemos concretar o xénero (masculino ou feminino) para as palabras con variación (substantivos e adxectivos) e mais outras especificacións categoriais (como o tipo de locución) ou sintácticas (por exemplo, a predicación no caso dos verbos). Polo que atinxe ás/aos destinatarias/os destes cambios, a entidade galega sinala que a devandita utilidade está “especificamente dirixida aos lingüistas e determinados sectores profesionais, como o da tradución por exemplo, desde onde partiu a demanda de poder seleccionar as entradas por categoría”.
Por certo que a busca por paradigmas gramaticais fornécese en fase de probas a través da web DicionarioLab para que “toda a xente teña a oportunidade de comprobar o funcionamento e emitir a súa opinión, ou tamén facer os comentarios e achegas que desexe”.
A esta funcionalidade nova cómpre engadir o engadido ao Dicionario da busca dos lemas en feminino, engadido que está xa plenamente activo (foi anunciado o pasado 8 de marzo, ao abeiro do DiccionarioLab, e respondeu, en palabras da RAG, ás continuas demandas da comunidade internauta galega, que viñan anos reclamando esta iniciativa a prol da igualdade, “comezando polo plano lingüístico”).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?