Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As oficinas SmartPEME da Deputación de Pontevedra fornecen en abril preto de 40 obradoiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As oficinas SmartPEME da Deputación de Pontevedra fornecen en abril preto de 40 obradoiros

Redacción
Publicado: 03/04/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

smartpeme_pontevedra_deputacion.jpgA Deputación de Pontevedra deu a coñecer o programa de actividades para o mes de abril ao abeiro do proxecto SmartPEME, a iniciativa da entidade que preside Carmela Silva para encher a provincia (dende os centros de operacións SmartPEME de Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo) de accións formativas TIC ao servizo do tecido produtivo dos concellos. Trátase de preto de 40 obradoiros. SmartPEME, como lembraremos, oferta ás persoas emprendedoras e pequenas e medianas empresas da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e tutelado no ámbito das TIC, “sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos”, informou a Deputación.
Case a metade destes obradoiros terán lugar na área de Vigo, en instalacións situadas nos concellos de Ponteareas, O Porriño e Vigo, cun total de 18 obradoiros ao abeiro do programa SmartPEME da Deputación de Pontevedra. As quendas para o mes de abril na oficina de Vigo son as seguintes: o martes 4, Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO, seguido de Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas o xoves 6. Dúas semanas despois, desenvolverase Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google o luns 17 e Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl, o mércores 19. Para rematar, o mércores 26 desenvolverase o obradoiro que leva por título Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións e Mostrario virtual: a fotografía e o produto no medio en liña o venres 28 de abril. A oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, núm. 3.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: o martes 4 de abril, Descubre como funciona o certificado dixital, o teu DNI online, seguido de Seguridade da información: protexe o teu smartphone o venres 7. O martes 18 de abril será a quenda de A túa páxina web con WordPress e o xoves 20 de Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais. Xa para rematar, o luns 24 de abril terá lugar Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO e o mércores 26 Como facer unha campaña exitosa de publicidade en Google. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, núm. 5.
Pola súa banda, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o luns 3 de abril, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa e o 5 de abril terá lugar Saca as túas fotografías para o comercio electrónico. O martes 18 de abril desenvolverase o obradoiro Facebook ads e o xoves 20 Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. A última quenda será a de Como ser eficiente na organización do teu tempo: Trello e Toggl, o luns 24, e Google Analytics: Iniciación á analítica web o 26 de abril. A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n. Todas as actividades –tanto as de Ponteareas como das do Porriño e as de Vigo– terán lugar en horario de 19:00 horas.
depu_pontevedra_smartpeme_uvas.jpgPola súa banda, o Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá seis obradoiros, todos eles en horario de 19:00 horas: o luns 3 de abril, Google Calendar, moito máis que unha axenda. O mércores 5 impartirase Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO. Dúas semanas despois, o luns 17 de abril, Fotografía e vídeo para espazos interiores, ao que lle seguirá o mércores 19 Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións, o martes 25 de abril Lindedin: a túa rede de networking e, xa por último, o venres 28 de abril, desenvolverase o obradoiro Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas. A oficina de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.
Na comarca do Deza, o Viveiro de Empresas do Polígono Lalín 2000 será sede doutros seis obradoiros, actividades que terán lugar todas elas en horario de 19:00 horas: este martes 4, Google Analytics: Interpretación dos datos e tomas de decisións. O venres 7 será a quenda de Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, que deixará paso a Facebook para non iniciados, o luns 17, e Seguridade da información: protexe o teu smartphone, o xoves 20. O martes 25 de abril desenvolverase a acción Adeus ao papel! Coñece as claves para a dixitalización e, xa por último, Ferramentas TIC básicas e sinxelas para a xestión do teu negocio o xoves 27 de abril. A oficina de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
Finalmente, o Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá os seguintes seis obradoiros en horario de 19:00 horas: o luns 3 de abril, Facebook Ads e o mércores, 5 de abril, Como empregar Google e Google Apps for Business. Dúas semanas despois, o martes 18 de abril, Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais e, tamén esa semana, Xestiona o teu negocio desde o móbil, o 21 de abril. A seguinte quenda é o martes 25 de abril con Fotografía de produto: especial sector téxtil e, pechando as accións do mes, o xoves 27 desenvolverase o obradoiro Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mail. A oficina de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Avenida de Montero Ríos, s/n.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?