Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Congreso Internacional de Drons amosou como mellorar os nosos sectores produtivos a voo de paxaro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Congreso Internacional de Drons amosou como mellorar os nosos sectores produtivos a voo de paxaro

Redacción
Publicado: 03/04/2017
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

dic_galicia_venres_xornada.jpgO Congreso Internacional de Drons organizado en Ourense da man de AGGETT (Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións) foi finalmente un fervedoiro de tecnoloxías, achados, demostracións, relatorios e múltiples propostas de aplicación práctica dos vehículos aéreos non tripulados (UAV polas súas siglas en inglés) e as tecnoloxías que lles son parellas. A primeira xornada, a do venres 31, foi adicada á lexislación, á seguridade ás aplicacións profesionais dos drons. Abrangueu tres mesas redondas e unha sesión de inauguración (de cuxos detalles dimos conta ese mesmo día, o venres, dende Código Cero). Logo dos actos de apertura, a primeira mesa da mañá abordou os aspectos e as necesidades lexislativas para que os drons sobrevoen as cidades. Entre as cousas que xeraron máis expectación e interese ao longo dos tres días de actividades atopáronse as seguintes: as cuestións legais á hora de facer voar vehículos en espazos urbanos ou as aplicacións destas tecnoloxías para optimizar o noso agro e a nosa pesca.
Celso Delgado, presidente da mesa de Fomento no Congreso, comezou ofrecendo unha visión global do estado desta normativa en España, mentres que Javier González, técnico aeronáutico da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, realizou unha presentación da lexislación actual de seguridade aeronáutica, ademais de comentar a lexislación nacional do sector que se atopa en tramitación e un enfoque da futura normativa europea.
Pola súa banda, Antonio Sousa, experto lexislativo como piloto de drons, achegou a visión, desde o punto técnico, dos cambios que están sobre a mesa “coa nova lei en comparación coa lei actual”, que non fai referencia aos drons como tales, e salientou que o novo marco incrementará a responsabilidade nos individuos.
Ademais, o presidente de AEDRON (Asociación Española de Drons), Salvador Bellver, expuxo casos prácticos ao redor da normativa e como foron resoltos. Por último, David Gutiérrez, de DGDrone e youtuber especializado neste ámbito, forneceu o punto de vista da normativa desde o ámbito deportivo, facendo fincapé nas dificultades que ata a data ten este sector na vertente lúdico deportiva.
A continuación, na primeira xornada de actividades, expertos de distintos ámbitos reflexionaron sobre as liñas de aplicación para infraestruturas e servizos de drons. Participaron Patricia Argerey, directora de GAIN, David Herrero, presidente de INGEASA, Laura Samsó, manager de Centurion Technologies, Ana Belén Bello, presidenta do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica, e Neves Seoane Vieira, membro do proxecto CIAR (Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas).
dic_galicia_2_.jpgA sesión da mañá pechouse cunha mesa redonda sobre usos e formación nas tecnoloxías RPA para a xestión de datos, imaxes e comunicación. Nesta mesa redonda o director da escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, Íñigo Cuíñas falou do valor engadido dos drons e todo o que poden ofrecer en canto a comunicacións, imaxes e datos. Tamén participaron o director da Escola de Enxeñaría Aeroespacial da UVigo, Arno Formella, o presidente de AECRA (asociación europea de profesionais para coñecemento e regulación de actividades de seguridade cidadá), Jorge Salgueiro, o presidente de Aerosolutions, Antonio Mota, e máis o xerente de Aerocámaras, Jaime Pereira.
A sesión da tarde do venres foi protagonizada por empresas que presentaron aplicacións concretas para profesionais. Manuel Pozo, director de proxectos de EGATEL, explicou os traballos que está a realizar a firma para desenvolver unha ligazón segura e robusta alternativo aos que nestes momentos hai no mercado entre o dron e a estación base. Pola súa banda, José Manuel Caride, de Prosegur, presentou servizos de seguridade baseados en aplicacións con RPA. Ademais, o xefe de equipo UAS do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Iago Gómez, realizou unha análise das ameazas que están a xerar os drons e os principais sensores que permiten a detección, identificación e seguimento dos mesmos. Por último, Jaime Pereira, de Aerocámaras, afondou no crecente desenvolvemento de solucións UAV no ámbito civil.
A xornada do sábado
Na xornada do sábado, o fío temático foi a tecnoloxía UAV aplicada a sectores produtivos. Por exemplo a agricultura ou a pesca, que poden tirar o máximo proveito dos drons para optimizar resultados. Nesta liña situouse o sistema presentado pola firma GNSS, cuxa responsable, Irma Rodríguez, deu a coñecer unha tecnoloxía de localización que constitúe un conxunto de ferramentas e servizos de navegación por satélite para dar resposta e servizos de valor engadido a unha ampla variedade de usuarios de GNSS (Global Navigation Satellite System). Desde Fortop Topografía, José Manuel Vázquez falou das novas tecnoloxías para a captura e xeorreferenciación de datos mediante sensores embarcados en drons. A aplicación dos vehículos aéreos non tripulados na agricultura moderna foi o relatorio da empresa Challenger, firma estadounidense con delegacións por todo o mundo e sede europea en Holanda, cuxo representante José Pérez Puelles, falou de como os drons con sensores poden facer que os agricultores obteñan mapas nos que se recollen datos relativos á biomasa, os cocientes de clorofila ou a densidade foliar, entre outros parámetros.
dic_galicia_publico.jpg Pola súa banda, Jaime Prado, de Marine Instruments, presentou o proxecto Tunadrone, un dron autónomo para a localización de bancos de atún cunha á fixa de menos de 2 quilogramos de peso con alimentación solar que permitirá manter o voo con boas condicións de sol.
No que respecta ao sábado pola tarde, retomouse a mesa sobre lexislación do voo de drons sobre cidades. Novamente, os expertos David Gutiérrez (CanalDGDrone), Antonio Sousa (Cinetic Plus), Salvador Bellver (Aedron) e Arturo Zazo (Geotronics) debateron sobre situacións conflitivas que hoxe en día provocan os UAV cos seus voos e a forma en que a lexislación debería regulalas e atallalas.
O Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia e o seu encaixe no sector dos drons tivo tamén cabida nos relatorios da tarde do sábado, da man de Higinio González, da área de Enxeñaría Cartográfica e Xeodesia e do Grupo de Investigación Geotech adscrito ao Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, quen falou sobre os actores principais a nivel internacional e estatal, así como da estratexia galega para desenvolver capacidades arredor dos drons e o seu encaixe no sector produtivo.
Laura Samsó, manager de Centurion Technologies, foi a encargada de abordar o terceiro relatorio da xornada, sobre aplicacións para infraestruturas e servizos. Nela introduciu as novidades que a súa compañía está a desenvolver neste sector, e expuxo situacións e problemas cotiáns que se dan neste eido, así como as innovacións máis futuristas do sector como UAV manexados pola mente.
A charla sobre as aplicacións dos vehículos aéreos non tripulados en conservación de infraestruturas pechou os relatorios da tarde do sábado. Nela, Narciso Abalo Chouza, enxeñeiro técnico agrícola e director de Proxectos de Aplygenia, explicou que dentro das aplicacións máis interesantes dos RPA atópanse as que teñen que ver coa inspección e mantemento de infraestruturas civís e industriais, “especialmente nesta época de crise económica en que o investimento público céntrase máis na conservación e mantemento do importante volume de construción xerado nos anos de bonanza”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?