Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AceleraTIC+ fará fincapé en adestrar aos nosos directivos en materia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AceleraTIC+ fará fincapé en adestrar aos nosos directivos en materia dixital

Redacción
Publicado: 04/04/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mar_pereira_pedro_otero.jpgEste martes 4 de abril foi dada a coñecer na Cidade da Cultura de Santiago a segunda edición do Programa AceleraTIC, AceleraTIC+, destinado a axudar aos nosos directivos empresariais a subir novos chanzos en materia de capacitación dixital e recursos para movérense con liberdade de movementos no eido da Sociedade da Información. Na apertura do acto-xornada de presentación, ao que asistiu un nutrido grupo de representantes das nosas PEME (tecnolóxico-dixitais e non tecnolóxico-dixitais), participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e máis o director xerente de AFundación (Abanca), Pedro Otero. Segundo lembraron, AceleraTIC+ diríxese, como o seu nome indica, a fornecer un extra de actividade (produtividade, competitividade, rendibilidade) nas nosas empresas pola vía das novas tecnoloxías da información. Trátase, máis polo miúdo, de formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave relacionados coa transformación dixital dos seus negocios.
Segundo engadiron, con esta xornada de presentación ábrese o prazo de preinscrición na segunda convocatoria de AceleraTIC, que ficará aberto ata o 24 de abril ás 18.00 horas e que conta e con 25 prazas. As persoas interesadas poderán preinscribirse no seu espazo privado na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/aceleraticp) ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal. De entre as solicitudes recibidas, a axencia AMTEGA seleccionará 25 directivos, que, ao completaren o programa formativo, recibirán o título II Programa Especializado en Transformación Dixital da Empresa emitido pola Escola de Negocios de AFundación – IESIDE.
mar_pereria_pedro_otero1.jpgPereira e Otero informaron tamén que o programa artéllase en seis sesións formativas, de sete horas de duración cada unha, centradas en diferentes aspectos da transformación dixital e que se impartirán na sala 1 da Biblioteca e Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura. Comezarán o 4 de maio cunha sesión que correrá a cargo de Álvaro Gómez e que leva por título Como competir no novo contorno tecnolóxico e social? Big data, cloud computing, app economy, Internet of things, robotización e industria 4.0.
As seguintes sesións distribuiranse da seguinte maneira:
• Xoves 11 de maio. Novas canles de comunicación coa clientela. Mercadotecnia dixital e redes sociais. Javier Varela
• Xoves 18 de maio. Estratexia de dixitalización da canle de vendas. O comercio electrónico como unha alternativa estratéxica. Carlos Otero
• Xoves 25 de maio. Posicionamento en Internet: SEO – SEM. José Alcañiz
• Xoves 1 de xuño. Ferramentas de medición e análise – Obradoiro de Google Analytics. Fernando Gómez
• Mércores 7 de xuño. Modelos organizativos e visión dixital. Transformación e xestión do cambio organizacional. Pablo Castejón
Finalmente, o xoves 8 e o venres 9 de xuño serán dúas xornadas de titorización/consultoría personalizada.
AceleraTIC+, de directivos a líderes dixitais na empresa No acto de presentación desta segunda andaina do programa de capacitación dixital para directivos fíxose saber que AceleraTIC+ é a continuación de AceleraTIC, celebrado en 2016, un programa de formación do que podemos recabar información a través dun novo vídeo en YouTube e que, en palabras de Pereira e Otero, “tivo moi boa acollida”. A iniciativa está enmarcada nas medidas do Centro Demostrador TIC da AMTEGA para “impulsar a transformación dixital das PEME”. Enm palabras de Pereira, “propicia un entorno onde directivos, xerentes e mesmo emprendedores de sectores de actividades moi diferentes, comparten ao longo das 6 sesións do programa formativo inquietudes, experiencias, problemas e solucións no ámbito da dixitalización, converténdose nun marco idóneo para o establecemento de sinerxías e colaboracións”.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das PEME de Galicia “como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade”. O Centro actúa como punto de encontro entre a oferta do sector TIC e a demanda do resto dos sectores empresariais galegos. O obxectivo principal do CDTIC é “amosarlles ás empresas e aos profesionais os beneficios que as novas ferramentas poden ofrecerlles ao seu negocio”. Para conseguilo o CDTIC pon a disposición do sector TIC galego as súas instalacións e recursos para que poidan poñer en valor os seus produtos e servizos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?