Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Asturias estuda tirar proveito da experiencia galega ao abeiro da Historia Social Única Electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Asturias estuda tirar proveito da experiencia galega ao abeiro da Historia Social Única Electrónica

Redacción
Publicado: 04/04/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

reunion_galicia_asturias_hsue.jpgO modelo galego de Historia Social Única Electrónica (HSUE) está a espertar interese alén da nosa terra. Sen ir máis lonxe, unha Comunidade que nos toca aos galegos de preto, Asturias, expresou a súa vontade de tirar proveito da experiencia galega. Este interese e esta predisposición á colaboración mutua fortaleceuse os días pasados cunha xuntanza entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (AMTEGA), Mar Pereira, e o director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Arturo Parrado. Foi unha reunión de traballo na AMTEGA mostrou o roteiro a seguir para implantar o devandito sistema HSUE, que fornece aos traballadores da área social, “tanto a nivel autonómico como municipal”, un “acceso único ao expediente social dixital de 530.000 usuarios.
Na sesión tamén participou a directora xeral de Planificación e Innovación Social da Consellería de Servizos e Dereitos Sociais, Nerea Eguren; e a directora xeral de Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade de Asturias, Mª Concepción Saavedra, que se achegaron a Galicia para coñecer de primeira man a iniciativa da Historia Social Única Electrónica, que esta a desenvolver a Xunta no marco do Plan Trabe de Modernización dos Servizos Sociais. Segundo lles comunicou Mar Pereira, a día de hoxe xa hai un centenar de concellos adheridos formalmente ao HSUE. Tamén lembrou que unha das principais características deste sistema é “que integra nun mesmo acubillo dixital todos os datos relativos a historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais”.
Os representantes galegos explicaron aos representantes de Asturias o proceso de implantación da HSUE. Tamén lles informaron que nas vindeiras semanas completarase a integración da información do sistema SIUSSGAL, que empregan os traballadores dos servizos sociais comunitarios, na Historia Social Única Electrónica, “o que mellorará o intercambio de información entre os profesionais dos servizos sociais de ámbito local e autonómico”, informaron, engadindo que o devandito é “un paso crucial para completar a información da Historia Social Única Electrónica de cada individuo e incrementar a coordinación entre profesionais, ao tempo que facilitará o seu labor evitando mecanizar información que estaba no SIUSS pero non accesible desde HSUE así como o seu envío en papel”. A este avances, explicaron, “sumarase dende abril a incorporación da sinatura electrónica a través de HSUE, o que permitirá asinar de maneira dixital os informes sociais normalizados e arquivalos na Historia Social Única Electrónica do individuo, o que nun futuro posibilitará o envío telemáticos deste informe ás unidades tramitadoras”.
Lembrar que dende o mes de abril, “e de xeito progresivo”, facilitarase o acceso do persoal médico dos equipos de valoración de diversidades funcionais e dependencia ao Historia Clínico Electrónica de persoas que soliciten este recoñecemento. “Esta medida”, informaron os representantes da Xunta, “contribuirá a acurtar os tempos de tramitación das referidas valoracións”.
Máis de 530.000 expedientes dixitais
A HSUE púxose en marcha pasado mes xullo nos concellos de Boqueixón, Brión, Tordoia e Viveiro. Tras unha fase de probas iniciouse a súa extensión a outros concellos co apoio da Federación Galega de Municipios e Provincias, a través dun convenio asinado en novembro.
En tres meses formalizouse á adhesión de máis de 70 entidades locais á plataforma, que poden acceder ao expediente social de máis de 530.000 usuarios en formato electrónico.
Como dixemos, a extensión da Historia Social Única Electrónica (HSUE) integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de Servizos Sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas.
A plataforma proporciona “unha identificación unívoca dos cidadáns”, ao empregar a numeración da tarxeta sanitaria e garante a seguridade no acceso á información a través do uso de certificado por parte dos profesionais, que accederán só aos datos e información necesaria para o desenvolvemento do seu labor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?