Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: La Molinera de Ourense achega un abril tecnolóxico para nenos e maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

La Molinera de Ourense achega un abril tecnolóxico para nenos e maiores

Redacción
Publicado: 04/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

molinera_cemit_17758664_662442500627642_4736208758308833713_o.jpgO Centro Municipal de Coñecemento La Molinera (aula CeMiT), emprazado en Ourense, vén de presentar o seu programa de actividades de divulgación TIC para o mes de abril, un programa interxeracional moi acaido para quen queira dar os seus primeiros pasos no ámbito tecnolóxico e, tamén, para quen xa conte con formación previa. Para os primeiros, o roteiro formativo de abril (unha proposta para todos os públicos) incluirá un obradoiro de iniciación á informática, que se desenvolverá de luns a venres, de 9.30 a 11,30 horas, desde o día 17 ata o 25. As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 10. Tamén este mes impártese obradoiro Compra de forma segura en Internet, os días 3, 4 e 6 de abril, de 9,30 a 11,30h.
O programa Xoves inspiradores incorpora como novidade un obradoiro de marca persoal, previsto para o día 27, de 18,20 a 20,30 horas, e impartido por Patricia Vázquez e Alba Moretón. Tamén ao abeiro deste programa, continuará o día 6 o Obradoiro de argumentación e debate que imparte Aida González, campioa do mundo de debate universitario en español 2016.
Outra das accións novas é o taller Re-creando: Novas tecnoloxías aplicadas á arte, os días 21 e 28 de abril pola tarde, para nenos e nenas de 10 a 16 anos. Por outra banda, está programada unha sesión de fotografía para emprendedores prevista para o día 28 de abril. As persoas interesadas poden inscribirse nas actividades páxina web www.lamolinera.net, ou solicitar máis información no centro municipal emprazado no número 1 da rúa Abrevadeiro, 1 (teléfono 988 374 523).
Por certo que este mes tamén proseguirán nas instalacións ourensás tres obradoiros de axuda aos nosos profesionais e desenvolvedores: un de introdución á tecnoloxía open source Arduino, outro de electrónica básica para robótica e outro de asesoramento de proxectos. Na vertente para crianzas proseguen Arquimakers-kids: crear para pensar e Team makers kids: robótica – apps.
O programa de abril complétase co obradoiro de educación emocional Akademia, para mozos de 16 a 22 anos, e o curso de fotografía do programa municipal Universidade Popular.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?