Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar+ fornece ao seu apoio ao evento galego Conecta Fiction
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar+ fornece ao seu apoio ao evento galego Conecta Fiction

Redacción
Publicado: 05/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conecta_fiction.jpgConecta Fiction, evento destinado a xuntar na nosa terra a boa parte dos máis referenciais creadores de contidos e ferramentas audiovisuais, vai ter o apoio de Movistar+. Así nolo contou a organización do encontro esta mesma semana (unha alianza integrada por AGADIC, o ICEX e a Fundación SGAE), salientando que a colaboración da operadora-plataforma materializase en boa medida no desenvolvemento de un dos seus dez proxectos de series finalistas. Como dixemos recentemente, Conecta Fiction xuntará unha manchea de responsables cadeas de televisión, distribuidoras e produtoras de ambos beiras do Atlántico. A cita será na Cidade da Cultura do 21 ao 23 de xuño.
A primeira edición de Conecta Fiction, que foi presentada os días pasados cunha gran repercusión nos medios galegos, estatais e internacionais, será unha actividade pioneira, innovadora e específica sobre o estado de saúde actual “da puxante industria da ficción televisiva en fala hispana”.
Volvendo ao apoio de Movistar+, a plataforma de TV dixital terá, en palabras dos organizadores do evento, “unha presenza moi activa en diferentes seccións do encontro”, especialmente nas sesións de pitching de proxectos de series e miniseries, entre os que seleccionará un dos 10 finalistas para ofrecerlle un contrato de desenvolvemento.
A incorporación de Movistar+ é unha das últimas novidades da primeira edición de Conecta Fiction. Este certame-congreso contará, entre outras actividades innovadoras, cun Advisory Board destinado a descubrir talentos e novo proxectos, así como para atopar o financiamento para a posta en marcha de coproducións internacionais.
Segundo engaden as entidades organizadoras, durante a celebración do evento, a Cidade da Cultura de Galicia converterase “nun espazo propicio para que os ámbitos creativo e empresarial entren en contacto directo mediante a participación de produtores executivos, directores, guionistas, compositores, inversores, co-produtores, executivos de cadeas de televisión e plataformas OTT e distribuidores internacionais, entre outros profesionais”.
movistar_.jpgTerá especial relevancia a presenza nesta primeira edición dos responsables de 60 cadeas de televisión, produtoras e marcas de referencia en América e Europa interesadas en investir en proxectos de coprodución internacional.
Conecta Fiction mantén aberta ata o vindeiro día 15 a convocatoria de inscrición de proxectos de series e miniseries a través da súa web www.conectafiction.com, á que poden optar aquelas propostas que conten cando menos cun 10% do seu financiamento cuberto, teñan un enfoque internacional e unha clara adecuación para ser co-producidas, así como conexión coa cultura española e latinoamericana.
De entre todas as recibidas, un comité internacional elixirá os 10 proxectos que participarán no pitching de coprodución. Esta será unha das actividades centrais do programa profesional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?