Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo lanza unha plataforma web para avanzar no seu dominio do inglés: Emilab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo lanza unha plataforma web para avanzar no seu dominio do inglés: Emilab

Redacción
Publicado: 06/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emilab_captura.jpgA Vicerreitoría de Estudantes do Campus de Vigo, en colaboración co Centro de Linguas, vén de pór e marcha unha plataforma web para impulsar o ensino de inglés. Trátase de Emilab e o seu cometido, máis en concreto, é apoiar aos docentes e aos investigadores na elaboración dos seus traballos na devandita lingua. Segundo explica aVicerreitoría, trátase dun repositorio en liña que abrangue recursos como bancos de léxico e frases académicas, linguaxe de aula, exercicios, dicionarios, titoriais de pronunciación ou cursos monográficos, entre outros moitos recursos que serán obxecto de continua actualización. Emilab, ao mesmo tempo, é unha clara aposta da UVigo a prol da internacionalización e o plurilingüismo da institución educativa.
Por certo que o devandito acubillo de recursos en liña tamén dispón dun servizo para facer consultas e solucionar dúbidas tanto relacionadas coa linguaxe de xestión da aula coma do material que se precisa para a docencia en inglés. Ou sexa, elementos como presentacións, correo electrónico, redacción de exercicios e exames, etc. A vicerreitora de Estudantes, Dolores González, explicou que estas ferramentas “servirán tamén para a redacción de artigos científicos e textos institucionais en inglés e para a interacción eficaz en contornas académicas e científicas”.
A web comprende varios apartados, que van dende a organización dun texto ata a elección dos temas. Deste xeito, explica a Vicerreitoría, “os docentes teñen ao seu dispor e de xeito organizado e estruturado documentación e ferramentas para aprender a organizar un texto en inglés, para coñecer as expresións máis empregadas, para citar as fontes, para describir o método de traballo e mesmo para definir un novo termo técnico que se precisa acuñar”. A maiores e entre outras cousas, Emilab inclúe tamén información e instrumentos concretos para presentación orais dos traballos académicos e científicos, con consellos para mellorar os pósters ou os abstracts.
Entre os bloques temáticos que acubilla tamén hai un apartado específico para a docencia na aula e para axudar aos profesores a estruturar as sesións formativas e afacerse a situacións concretas dende o punto de vista de expresións e vocabulario. Tamén hai unha sección sobre textos institucionais que fornece modelos de documentos, como por exemplo cartas, acordos, convenios, resolución, solicitudes, etc. Outro apartado ofrece ferramentas prácticas como dicionarios, guías de pronuncia e de concordancias e unidades fraseolóxicas.
Os documentos e titoriais que se recollen proceden de recoñecidas institucións académicas internacionais como as Universidades de Oxford ou Manchester, Cambridge English ou a BBC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?