Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae prepara aos nosos profesionais TI nas máis axeitadas metodoloxías de resposta ante un ciberataque
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae prepara aos nosos profesionais TI nas máis axeitadas metodoloxías de resposta ante un ciberataque

Redacción
Publicado: 06/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ciberataque.jpgVitae Consultores prepara para os vindeiros un curso de 20 horas sobre metodoloxías e recursos plenamente actualizados para sabermos como responder ante cousas como unha incidencia informática ou unha tentativa de roubo de datos, tanto antes, como durante, como despois de darse estas circunstancias. Trátase dun obradoiro de 20 horas no que tratará de responder ás seguintes preguntas con respostas concretas e coñecemento de utilidade: Saberíamos como actuar nunha situación de ameaza TIC? Coñecemos os pasos que cómpre dar para facilitar a solución e unha posible investigación? Saberíamos distinguir se o incidente constitúe un delito ou non? Que teríamos que facer para previr estas situacións? O curso Protocolos ante ciberataques e incidentes en seguridade TI (formato PDF), terceira edición, celebrarase en Vigo os días 5, 6, 19 e 20 de maio.
Como dixemos, no obradoiro forneceranse os datos e recursos precisos para sabermos que medidas tomar perante un problema de seguridade en activos dixitais dende o punto legal e de procedemento para axudar na investigación tecnolóxica por parte das autoridades competentes e previlos no futuro. En palabras de Vitae, “cando os ingresos proveñen de Internet ou co uso das novas ferramentas ou cando os servizos empréstanse por Internet ou co emprego das TIC, ou cando na produción industrial úsanse estas de maneira relevante, as empresas e os organismos están a dar pasos importantes en materia de concienciación e xa están a aplicar todo tipo de medidas para asegurar os seus activos”. É aí, nesta demanda de profesionais cualificados neste ámbito, onde entra en xogo este curso de Vitae Consultores.
Os seus obxectivos son: coñecer a lexislación acerca de medidas de investigación tecnolóxica, coñecer o procedemento e pasos a seguir en caso de incidente de seguridade TIC e saber os pasos a seguir en incidentes de seguridade en dispositivos móbiles.
O curso, que se vai desenvolver na sede de AFundación en Vigo (números 24 e 26 da rúa Policarpo Sanz) está dirixido a administradores de sistemas TI, responsables da seguridade e a administración de activos informáticos ou calquera profesional que teña responsabilidade sobre estes activos. A persoa encargada de impartir os contidos será Gonzalo Sotelo, responsable do equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra. Diplomado en Policía Xudicial pola Universidade Complutense e en Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol, é formador especializado en todo tipo de actividades referenciais sobre seguridade informática e metodoloxías para desenvolver pescudas TI. No seu haber atópase unha longa experiencia de asesoramento a empresas e organismos como a Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago, Altia, Balidea ou Dinahosting.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?