Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Verín e APETEGA presentan a edición 16 das Xornadas de Tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Verín e APETEGA presentan a edición 16 das Xornadas de Tecnoloxía

Redacción
Publicado: 07/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

apetega_xornadas_presentacion_verin.jpgEsta semana presentáronse no consistorio de Verín múltiples detalles dunhas interesantes xornadas que anunciaramos previamente dende Código Cero (nos seus detalles xerais) e que teñen como obxectivo fundamental favorecer o intercambio de experiencias didácticas baseadas nas tecnoloxías. Trátase das XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA (Asociación de Profesorado de Tecnoloxía de Galicia), uns encontros patrocinados polo Concello de Verín e que están previstos para os vindeiros 21 e 22 de abril no centro educativo local IES Xesús Taboada Chivite. No acto de presentación participou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e o vicedirector do IES Xesús Taboada Chivite, César Sánchez.
Segundo sinalaron, as xornadas contarán cun total de 120 prazas e teñen como principal obxectivo “o intercambio e divulgación de experiencias didácticas dentro das aulas e de última aplicación”. Para iso, organizaranse obradoiros para profesores que tratarán contidos sobre programación, robótica, impresión 3D, técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro, experiencias innovadoras para a práctica docente na área, as TIC como recurso educativo, etc.
Na súa intervención, Gerardo Seoane explicou que o Concello de Verín patrocina o acto inaugural das xornadas que terá lugar o 21 de abril, ás 16:30 horas, no auditorio municipal. Nesta sesión de apertura, engadiu o alcalde, a empresa Ceo Aberto, experta en divulgación científica e tecnolóxica, ofrecerá a charla-espectáculo de ciencia De la rueda al laser, aberta a toda a comunidade educativa de Verín. “Desde o Concello decidimos patrocinar este espectáculo tecnolóxico para que todos/as os/as verineses/as poidan coñecer de primeira man, e dunha maneira didáctica e divertida, moitas das tecnoloxías que poderán utilizar de maneira cotiá nun futuro próximo”, explicou Seoane.
Sánchez, pola súa banda, confirmou na rolda de prensa que dentro das actividades programadas para as xornadas “ademais dos obradoiros impartidos polos profesores, contarase con varias conferencias didácticas nas que participarán técnicos dos Museos Científicos de A Coruña, membros da empresa 3D_León e representantes da empresa Prodel de Madrid, na que traballan cun amplo abano de materiais dentro do mundo da tecnoloxía”.
A charla-espectáculo De la rueda al láser será impartida por David Ballesteros, profesor e divulgador científico de gran experiencia especializado no mundo educativo. A sesión, sinalaron Seoane e Sánchez, presenta un percorrido pola historia da humanidade e os cambios tecnolóxicos máis rompedores e decisivos, “que permitiron a entrada nunha nova era do coñecemento”.
Para finalizar a charla, os participantes reflexionarán sobre as tecnoloxías que poderemos gozar nun futuro próximo. De forma ilustrativa, convidarase o público a xogar controlando a actividade cun lector de ondas cerebrais conectado ao seu cerebro. As persoas interesadas en ver o programa de actividades das xornadas, poden descargalo en formato PDF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?