Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As redes sociais e Internet fallan no fornecemento de contidos en galego á mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As redes sociais e Internet fallan no fornecemento de contidos en galego á mocidade

Redacción
Publicado: 10/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

computador_web-3.jpgO Consello da Cultura Galega vén de publicar un informe sobre as actitudes da nosa xuventude acerca da lingua galega. A investigación Prácticas e actitudes lingüísticas da mocidade en Galicia fíxose en base a entrevistas a mozas e mozos de entre 15 e 25 anos, sendo unha das súas máis salientables conclusións unha visión positiva da nosa lingua entre as persoas da devandita franxa de idade, tanto entre as galego-falantes como entre as castelán-falantes. Significa isto que o galego goza de boa saúde ou de agoiros positivos para o seu futuro? Pois non, xa que unha cousa é o que opina a xente del e outra ben diferente e o seu uso (cada vez máis minoritario). O estudo sinala, a respecto do devandito, que un dos principais problemas é a falta de transmisión xeracional. Este proceso de desgaleguización aplícase tamén ás redes e, en xeral, ás ferramentas da Sociedade do Coñecemento, que fallan á hora de garantir a achega de contidos no noso idioma.
Amais de todo o mencionado, no informe sinálase que a mocidade manifesta ter un “comportamento lingüístico acomodaticio” nos contactos coas súas amizades, o que significa que hai unha clara tendencia a empregar opcións maioritarias, ou sexa, neste caso en concreto, a opción do castelán. “Os mozos non se identifican co galego estándar dos medios de comunicación, chegando a dicir que na escrita séntense máis cómodos en castelán”, sinálase no estudo, achegando uns datos que son perfectamente aplicables aos ámbitos dixitais.
Respecto ao comportamento de quen tería na súa man garantir unha maior presenza do galego no día a día da rapazada, os medios, o estudo indica que o panorama actual “indica unha pobre exposición ao galego nos medios de comunicación desde a infancia ata o presente”. De feito, todo indica hai que existe máis predisposición cara ao emprego da lingua entre a mocidade que entre o ámbito mediático. Así, só a radio, a TV e os soportes escritos en papel chegan a unha media de cinco, nunha escala de 0 a 10, estando os concertos e o teatro no 4,5. Pola contra, a presenza do galego na música, nas redes sociais e na Internet apenas supera os 3 puntos. “Isto”, explícase, “confirma a pequena presenza e significado do galego nos medios de comunicación e nas redes sociais, incluso entre os segmentos da mocidade que teñen maior contacto social con eles ou que os utilizan máis”.
Outro capítulo da investigación indica que, tomada en conxunto, a mocidade galega manifesta “un consumo baixo de medios en galego (radio, televisión, música, libros, xornais, redes sociais, Internet)”, especialmente aqueles mozos e mozas que usan menos esta lingua, mais tamén entre os/as que se declaran consumidores/as habituais de medios. O estudo engade que “algúns, sobre todo os/as monolingües en galego, critican a falta de autenticidade do galego que se emprega nalgúns casos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?