Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilapoupre de Antas de Ulla concorre no certame #enREDatupueblo de Hispasat
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilapoupre de Antas de Ulla concorre no certame #enREDatupueblo de Hispasat

Redacción
Publicado: 10/04/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

hispasat-2.jpgXa hai presenza galega no concurso #enREDatupueblo, organizado polo operador español de satélites de telecomunicacións, Hispasat, e dirixido a municipios ou entidades singulares de poboación do ámbito estatal sen ningún acceso a Internet ou con accesos de moi mala calidade. Segundo informa a compañía, a parroquia de Vilapoupre, no concello lucense de Antas de Ulla, é a primeira poboación galega que concursa nesta iniciativa de Hispasat para “botar unha man a aquelas comunidades que queiran saír definitivamente do seu illamento dixital”. A candidatura da parroquia de Vilapoupre implicará a participación directa dos seus veciños no concurso. Segundo lembra a compañía de telecomunicacións, no territorio estatal aínda fican 2.682 núcleos de poboación que non dispoñen de acceso a Internet a un mínimo de 10 Mpbs, e case 600.000 fogares que non poden navegar nin a 2 Mbps.
Hispasat tamén recorda que a devandita localidade galega pertence a un dos centos de municipios galegos que se atopan nas chamadas zonas brancas NGA, que non dispoñen de cobertura de redes de banda larga de nova xeración, “nin previsións para a súa dotación por algún operador no prazo de 3 anos”. Esta situación levou a unha serie de veciños de Vilapoupre a xuntar forzas e concorrer no concurso, un certame que ten, en palabras de Hispasat, tres obxectivos concretos: colaborar na redución da fenda dixital en España, concienciar á sociedade das vantaxes que ofrece o satélite como tecnoloxía de acceso á banda larga e situar a Axenda Dixital no debate político. A través desta iniciativa, o operador premiará ao concello que careza de acceso a Internet, ou o teña de moi mala calidade, co servizo de conexión gratuíta a Internet de 30 Mbps vía satélite durante un ano.
A empresa está estes días a facer un chamamento aos residentes en zonas de baleiro dixital (persoas físicas, asociacións, grupos, concellos ou administracións en xeral) a tomaren parte activa no concurso e visualizaren o seu problema e de centos de municipios do ámbito estatal. “No caso de Vilapoupre”, explica a empresa de telecomunicacións, “os veciños puxeron de manifesto a desigualdade de oportunidades que sofren debido á falta de acceso a Internet e o freo ao desenvolvemento económico e social que iso supón, unha situación que contribúe a provocar a emigración da poboación máis nova das zonas rurais das provincias galegas”.
#enREDatupueblo
O concurso está dirixido a municipios ou Entidades Singulares de Poboación (ESP) españolas sen ningún acceso a Internet ou con acceso de mala calidade. Calquera cidadán, asociación ou entidade da localidade poderá presentar a candidatura da súa parroquia sempre que veña avalada polo seu concello. Segundo lembra Hispasat, “valorarase positivamente que as candidaturas estean apoiadas polo maior número posible de veciños e organizacións locais”.
Para concursar, os participantes deberán “expresar de forma creativa” os beneficios que suporía a chegada de Internet aos seus pobos. Para iso, poden enviar pezas de calquera índole e feitura, en versión analóxica ou dixital (fotografías, vídeos, cancións, colaxes, narracións orais ou escritas, etc.), que recollan exemplos diversos de melloras que esta conectividade podería orixinar en distintos aspectos da vida do municipio: saúde, educación, cultura, negocios, comunicación ou vida persoal, entre outros. A localidade gañadora do concurso gozará de conexión por satélite durante un ano de forma gratuíta para os seus habitantes, fogares e negocios, ademais da instalación e a posta a punto da mesma. Os traballos poderán presentarse ata o 30 de abril. Un comité de selección elixirá o tres finalistas, que se darán a coñecer o 17 de maio, coincidindo co Día Internacional de Internet. A partires desa data e ata o 27 de maio, os usuarios das redes sociais e os visitantes da web do proxecto Conéctate poderán votar ao pobo gañador. O fallo definitivo farase público o 29 de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?