Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Hispasat lembra que no Estado hai 2.682 núcleos de poboación que non dispoñen de acceso a un mínimo de 10 Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Hispasat lembra que no Estado hai 2.682 núcleos de poboación que non dispoñen de acceso a un mínimo de 10 Mbps

Redacción
Publicado: 11/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rural.jpgA compañía Hispasat está decidida a pór sobre a mesa un problema que nas cidades e nas vilas non se enxerga con claridade: o problema da escasa ou nula cobertura dixital dunha boa parte do territorio galego e estatal. Froito desta arela e da necesidade de poñer remedio a estes baleiros de cobertura que existen nunha chea de contornas xeográficas afastadas é o concurso #enREDatupueblo, organizado por Hispasat e dirixido a municipios ou entidades singulares de poboación sen ningún acceso a Internet ou con accesos de moi mala calidade. Con motivo de impulsar o radio de alcance do certame, no que participa a parroquia de Vilapoupre de Antas de Ulla, Hispasat lembrou que a día de hoxe aínda hai 2.682 núcleos de poboación no territorio estatal que non dispoñen de acceso a Internet a un mínimo de 10 Mbps, e case 600.000 fogares que non poden navegar nin a 2 Mbps. Ademais, e xa que estamos en tempo de Pascua, a compañía recordou que moitas persoas que regresan ás súas vilas e aldeas nesta Semana Santa carecerán de conexión ao estaren aquelas illadas dixitalmente.
Segundo engadiu Hispasat, en case a metade dos núcleos españois (4.037 municipios) “a banda larga fixa non acada o 30 Mbps establecidos como obxectivo para o 100% da poboación pola Axenda Dixital Europea para o ano 2020, e en case 600.000 fogares a conexión é de menos de 2Mbps”. Todo iso, explica a empresa, “dificulta o desenvolvemento económico e social destas poboacións, coa consecuente perda de oportunidades para as persoas que os habitan”.
Para visualizar o problema ante a sociedade por enteiro e para ir encarando integralmente a solución do problema, a firma de telecomunicacións puxo en marcha o concurso #enREDatupueblo, polo que se premiará un municipio español que careza de acceso a Internet, ou o teña de moi mala calidade, co servizo de conexión gratuíta a Internet de 30 Mbps vía satélite durante un ano. “Os veciños destas poboacións”, explica o operador, “revelan a desigualdade de oportunidades que sofren debido á falta de acceso a Internet e o freo ao desenvolvemento económico e social que iso supón, unha situación que contribúe a provocar a emigración da poboación máis nova das zonas rurais do territorio nacional”.
Como dixemos, no certame está a participar xa a comunidade da parroquia de Vilapoupre (Antas de Ulla, Lugo), cuxos veciños decidiron facer fronte común e pór de manifesto, a través da súa concorrencia colectiva no concurso, a desigualdade de oportunidades que sofren debido á falta de acceso a Internet e o freo ao desenvolvemento económico e social que iso supón, “unha situación que contribúe a provocar a emigración da poboación máis nova das zonas rurais das provincias galegas”, engade Hispasat.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?