Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Salvaterra clausura con éxito o seu segundo curso sobre coñecemento do noso móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Salvaterra clausura con éxito o seu segundo curso sobre coñecemento do noso móbil

Redacción
Publicado: 11/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

salvaterra_conece_o_teu_mobil.jpgO Concello de Salvaterra do Miño vén de informar do remate do seu segundo curso Coñece o teu móbil, como o seu nome indica orientado a tirar abaixo as barreiras que puideran afastar á veciñanza destes dispositivos e das moitas vantaxes que nos ofrecen (comunicarnos de maneira instantánea, facer e enviar fotos e vídeos, establecer a nosa localización exacta e o dos sitios a onde queremos ir, compartir historias, xestionar as nosas contas bancarias e as nosas compras, levar a cabo procedementos administrativos, etc). Segundo informou o Concello, o obradoiro foi un gran éxito entre o alumnado participante. Estendeuse no tempo durante 20 días, en clases de hora e media, e contou coa participación de dúas profesoras. Nel concorreron persoas maiores de Salvaterra coa finalidade de achegárense ao uso e potencialidades dos smartphones e das tabletas.
Nun plano máis concreto, introducíronse no manexo de programas básicos do móbil, en como xestionar contactos (gardalos, eliminalos, acceder a eles), en poñer unha ou varias alarmas, en empregar a calculadora, en personalizar as pantallas de inicio e bloqueo, en facer cambios de escritorio, ou en enviar, ler e suprimir mensaxes de texto. Tamén se lles ensinou a empregar a cámara de fotos e o calendario. Ademais, os alumnos e alumnas aprenderon a manexar o WhatsApp: a crear grupos, a enviar contidos ou a bloquear contactos, entre outras funcionalidades do popular servizo de mensaxeiría instantánea.
Asemade, aprendéuselles a acceder a webs públicas de uso común (como a do SERGAS), a conectárense a accesos sen fíos Wi-Fi e a familiarizárense con redes sociais como Facebook ou con ferramentas como o GPS ou o Google Maps (moi útil para ampliar os coñecementos que teñen os nosos maiores da súa contorna xeográfica).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?