Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación e a Fundación TIC envorcan esforzos no pulo e promoción do Desafío Volta a Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación e a Fundación TIC envorcan esforzos no pulo e promoción do Desafío Volta a Lugo

Redacción
Publicado: 17/04/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

3508_presentacionvoltacomarcas.jpgA Deputación vai envorcar esforzos en impulsar a terceira edición do Desafío Volta a Lugo 2017 (DVL2017), que se celebra entre o 26 e o 28 de maio da man da entidade provincial e máis do do Club Ciclista Cidade de Lugo. O compromiso coa proba da entidade que preside Darío Campos materializarase a través de múltiples frontes. Para comezar, a Fundación TIC xa se puxo mans á obra para realizar o vídeo da presentación do percorrido desta nova convocatoria deportiva. O audiovisual proxectouse no acto de presentación oficial do evento deportivo que tivo lugar na Pontenova, xusto diante dos fornos históricos da vila, emprazamento elixido para situar a meta da primeira etapa desta proba cicloturista en bicicleta de estrada (proba non competitiva). A Fundación TIC, entidade pertencente á Deputación, tamén anunciou o seu compromiso para divulgar o acto “alén da súa celebración”. Para levalo a cabo, un equipo da Fundación acompañará aos participantes durante os tres días que dura o evento, filmando a proba a pé de ruta e difundindo o material resultante, a continuación, nun DVD específico sobre esta nova edición do desafío e máis nas redes sociais.
O vídeo do DVL2017 realizado pola TIC fornece información detallada con infografía en 3D do percorrido, datos e perfís técnicos de interese de cada unha das tres etapas, con saída e chegada en Lugo capital, na Pontenova e na Fonsagrada. A idea era subministrar aos corredores mapas, gráficos de desniveis, quilómetros dos itinerarios e información de interese para afrontar o desafío (como avituallamentos, datas, lugares ou horarios do control de sinaturas). Entre os recursos engadidos que se achegan figuran tamén vistas do maillot oficial do evento en 3D e, tamén, do culote a xogo que acompaña esta experiencia deportiva cuxo prazo de inscrición (de balde) fica aberto ata o 30 de abril. Por certo que o vídeo estará dispoñible na páxina web do evento na seguinte ligazón: www.desafiovoltalugo.com.
Na presentación do DVL2017, dos seus detalles e máis do material de promoción que o vai acompañar participaron o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto co allcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández. Estiveron acompañados polo ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova.
O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva, consolidada como “a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia”. En concreto, a entidade que preside Darío Campos achega 65.000 euros para a súa celebración, co obxectivo de “promover o deporte na provincia de Lugo e dando a coñecer a riqueza paisaxística e cultural das distintas zonas polas que transcorre o percorrido”.
Campos Conde subliñou que “a Volta ás Comarcas é un excelente escaparate para a promoción da provincia pola cantidade de xente que consegue reunir e tamén pola súa difusión mediática; de feito cada ano incrementa o número de inscritos, posto que en 2015 foron 140 os participantes, en 2016 houbo 198 ciclistas e, nesta nova edición, esperase superar os 200 corredores chegados toda Galicia, pero tamén de lugares tan dispares como Eivissa, Cidade Real, Murcia, Valencia, Asturias, León ou Madrid”.
A primeira etapa será o venres 26 de maio, e os corredores sairán ás 11:00 horas da Praza Maior do Concello de Lugo e chegarán á Rúa das Escolas, no Concello de A Pontenova. En total, percorrerán unha distancia de 86,8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.193 metros positivos, atravesando altos de montaña como o Alto de Lindín (3ª Categoría), o Alto de Cruz da Cancela (2ª Categoría) ou o Alto de Augaxosa (2ª categoría). Atravesarán os concellos de Lugo, Castro de Rei, Pastoriza, Riotorto, A Pontenova.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?