Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DepoEmprega inicia en informática a 27 persoas en risco de exclusión laboral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DepoEmprega inicia en informática a 27 persoas en risco de exclusión laboral

Redacción
Publicado: 17/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depoemprega_curso.jpgAo abeiro do programa DepoEmprega 2016, organizado pola Deputación de Pontevedra para favorecer a inserción laboral de colectivos en risco de exclusión (persoas con diversidades funcionais, mulleres vítimas da violencia machista, mozas e mozos de menos de 30 anos á procura de formación e un posto de traballo), vaise desenvolver na cidade do Lérez un curso sobre informática básica encamiñado a achandar camiños cara ao mercado laboral. Nel participarán 27 persoas, segundo informou a entidade que preside Carmela Silva. Os contidos xirarán arredor do amplo abano de posibilidades e potencialidades que abre laboral e empresarialmente a informática, e todo de un punto de vista de iniciación. De feito, o obradoiro está dirixido a persoas con pouco ou ningún coñecemento dixital. Terá unha duración de 40 horas e desenvolverase entre o 3 e o 12 de maio.
A iniciativa, engade a Deputación, procura acadar que persoas sen coñecementos previos de informática “sexan capaces de manexar correctamente as funcións básicas dun computador persoal”. Así, as clases estarán orientadas a aprender a crear documentos de texto, modificalos e darlle formato, o uso de Excel e funcións básicas, e tamén conectarse e comunicarse a través de internet. O curso impartirase na Aula CeMIT da Deputación de Pontevedra.
Polo que se refire a DepoEmprega 2016, ten o obxectivo de mellorar a inserción laboral de colectivos en situación de risco e de desemprego, fornecéndoos de formación para acadar certificados de profesionalidade, de prácticas en empresas e de busca de postos de traballo. Asemade, o programa tamén acolle accións individuais coas que se ofrece orientación en elaboración de currículos, entrevistas de traballo, obradoiros de habilidades sociais, adestramento ou novas tecnoloxías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?