Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os servizos de mercadotecnia smart de BMB serán comercializados pola galega Imatia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os servizos de mercadotecnia smart de BMB serán comercializados pola galega Imatia

Redacción
Publicado: 17/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imatia_bmb_acordo.jpgA empresa galega Imatia asinou recentemente un acordo estratéxico coa firma libanesa BMB para a comercialización dos produtos desta compañía no mercado estatal. Máis polo miúdo, a alianza vai dirixida a que Imatia adique parte do seu labor a espallar a implantar os sistemas de BMB en materia de automatización de forza de vendas (concepto que engloba e abrangue as ferramentas tecnolóxicas que se usan en mercadotecnia e administración para automatizar os procesos destas áreas e, en última instancia, para incrementar mercado co achado de novos clientes). BMB, para quen non o saiba, é un referente en Oriente Medio no eido de tecnoloxías para empresas. Conta con máis de 300 empregados e é asesora profesional de máis de 2.500 compañías de primeira liña na súa contorna.
Unha das liñas principais de actividade é a liña Move, especializada na devandita automatización de forza de vendas e máis nos servizos de campo, nas solucións RFID (identificación por radiofrecuencia moi empregadas no ámbito da rastrexabilidade de produtos) e nas solucións de mobilidade empresarial. Para esta liña, BMB conta cunha solución chamada iSell que axiliza as actividades dos axentes comerciais e vencella a información fornecida por estes co back office da empresa, proporcionando un conxunto de ferramentas que permiten ao equipo directivo optimizar a súa toma de decisións e mellorar a produtividade dos vendedores. Na distribución e implantación dos recursos da liña iSell é onde entra en xogo, precisamente, a firma galega Imatia.
O acordo, por certo, responde ao interese da compañía libanesa por espallar o seu radio de acción alén das súas oficinas de Líbano, Exipto, Arabia Saudita, Xordania e Iraq. Como porta de entrada definitiva a Europa atopou en Imatia o que os responsables de BMB cualificaron de “excelente aliado”.
Segundo informaron os representantes da firma galega logo da formalización da alianza, “a boa reputación de Imatia dentro do sector TIC, as nosas habilidades no desenvolvemento de software para contornas móbiles e unha dilatada experiencia no sector loxístico e do transporte, foron elementos fundamentais á hora de selar este acordo”.
Fernando Vázquez, director executivo de Imatia, salientou desta maneira a importancia que supón para a compañía galega traballar con BMB: “Estamos a falar dunha das maiores empresas tecnolóxicas do mundo árabe, o cal supón unha oportunidade única de explorar un mercado de difícil acceso para nós, pero moi atractivo polo seu potencial de crecemento. Confiamos plenamente en poder achegar valor engadido a iSell, non só á hora de vendelo senón para melloralo, integralo cos sistemas dos clientes e ofrecer o soporte necesario”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?