Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra desvela os hábitos tecnolóxicos dos seus menores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra desvela os hábitos tecnolóxicos dos seus menores

Redacción
Publicado: 17/04/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pontevedra_concello_carme_fouces-2.jpgO Concello de Pontevedra presentou os días pasados os resultados un estudo sobre os hábitos tecnolóxicos dos menores de idade: cousas como que redes sociais empregan, canto tempo están en liña, ata que punto cren que marca os seus rumbos de vida o feito de estaren conectadas/os, etc. A enquisa foi elaborada ao abeiro do Plan municipal de prevención de condutas aditivas (PMPCA) da Concellería de Benestar Social, aproveitando o traballo que desempeña este departamento cos centros educativos locais. A base da pescuda foi un nutrido grupo de preto de tres milleiros de estudantes (alumando de 1º a 4º da ESO, de entre 12 e 17 anos). Entre as principais conclusións que se fornecen figura a seguinte: o 75,7% dos rapaces tiveron o seu primeiro móbil entre os 10 e os 13 anos, e o 85% conta con conexión a Internet. Ademais, a gran maioría deles empregan servizos como Whatsapp ou Instagram, malia que o uso das redes sociais polos menores de 14 anos non estea permitido en España. O estudo terá continuidade en setembro con novos datos sobre hábitos por sexo, idade e nivel de formación.
Segundo lembrou a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, o desenvolvemento das novas tecnoloxías e o seu espallamento provocou “un cambio nos costumes, hábitos e actitudes, sobre todo na poboación máis moza xa que naceu practicamente con estes avances”. Neste treito de idade, engadiu, xerouse unha pegada “espectacular”, xa que se modificaron as formas de vivir a nenez e a adolescencia e se abriu marxe para “dedicacións de tempo e con comportamentos moi diferentes aos dos adultos”. Esta situación, sinalou, ten claras potencialidades (desenvolvemento persoal, capacitación, acceso doado ao coñecemento e á comunicación) pero tamén pode achegar unha serie de riscos derivados dun mal uso das tecnoloxías e da falta de supervisión axeitada. Na súa opinión, “o problema xorde cando a tecnoloxía se converte nun fin e non nun medio, e aquí temos o agravante de que a adolescencia constitúe un grupo de risco xa que tende a buscar sensacións novas”. De aí abrolla o problema da adición ás novas tecnoloxías.
Segundo indicou Carme Fouces existen unha serie de sinais de alarma para nos axudan a achar un posible caso de conduta aditiva en relación coas TIC. Cousas como privación do sono (co fin de estarmos conectados á Rede durante máis tempo), desleixo con respecto a outras actividades importantes (como a familia, as relacións sociais, o estudo, a saúde, etc), imposibilidade de “desconectar” mentalmente das novas tecnoloxías mesmo cando non se está conectado ou introducir hábitos de illamento con respecto á contorna social máis inmediata.
Resultados da enquisa
75,7% tiveron o seu primeiro móbil entre os 10 e os 13 anos
30,4% tiveron o seu primeiro móbil con 12 anos
85% teñen conexión a internet
25,4% conéctanse a internet entre 1 e 2 horas diarias
14,2% están conectados a internet todo o día
67,5% navegan por internet sen que os seus proxenitores lles poñan limitacións
24,9% entraron en páxinas con contidos eróticos nos últimos 12 meses
7,3% apostaron en xogos on line nos últimos 12 meses
35,6% contactaron con descoñecidos por internet nos últimos 12 meses (o 22,7% menores de 14 anos)
16,7% quedaron con persoas que coñeceran exclusivamente a través de internet nos últimos 12 meses
23,2% bastantes/moitas veces descoidan tarefas escolares ou renden menos en exames por contectarse a internet
26,1% bastantes/moitas veces tiveron a sensación de que si no se conectaban a internet estaban perdendo algo realmente interesante
14,8% bastantes/moitas veces conectáronse a internet aínda que sabían que lles ías a causar problemas.
17,1% bastantes/moitas veces dixeron ou fixeron cousas en internet que non farían ou dirían en persoa
Como diciamos ao comezo, o estudo tamén lembra que en España a Lei de Protección de datos non permite aos menores de 14 anos acceder ás redes sociais, e aínda así:
93,3% usan Whatsapp (o 89,2% menores de 14 anos)
77,2% usan Instagram (o 68,4% menores de 14 anos)
54,7% usan Snapchat (o 42,7% menores de 14 anos)
51,2% usan Messenger (o 44,4% menores d e14 anos)
49,2% usan Facebook ( o 34,9% menores de 14 anos)
45,1% usan Twitter (o 27% menores de 14 anos)
31,8% usan Tuenti (o 14,6% menores de 14 anos)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?