Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 35 webseries de todo o mundo concorren na sección oficial do Carballo Interplay 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 35 webseries de todo o mundo concorren na sección oficial do Carballo Interplay 2017

Redacción
Publicado: 18/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carballo_interplay_cartel_digital.jpgInterplay Produccións e o Concello de Carballo, organizadores do Festival Interplay (cuarta edición) xunto coa Deputación da Coruña, veñen de dar a coñecer a cifra de producións que compiten na sección oficial do certame que se vai celebrar entre o 4 e o 6 de maio na vila coruñesa: ata 35 webseries de todo o mundo á procura do máximo galardón. Así o fixeron saber este martes os organizadores do evento, lembrando que a contía de premios a repartir ascende ata os 5.000 euros. Ademais, fixeron saber que as devanditas achegas para a sección oficial foron elixidas entre a cifra nada de desprezable de 146 propostas chegadas de todos os recantos do planeta. Das finalmente seleccionadas, cinco son galegas, 12 do resto do Estado e 18 do resto do mundo.
Entre as internacionais hai webseries de Alemaña, Australia, Arxentina, Canadá, Chile, Estados Unidos, Israel, Nova Zelandia, Reino Unido e Ucraína. Ademais, 30 delas competirán polo premio á mellor webserie de imaxe real e 5 ao de animación, 18 ao premio á mellor webserie internacional e 6 á de versión orixinal en galego.
Segundo informou a directora do certame carballés, Sonia Díaz, “o festival fornecerá unha completa panorámica do que se está a cocer no mundo das webseries a nivel global”, achegando novamente unha “presenza abafadora do humor e a comedia, con 25 das 35 producións finalistas encadradas neste xénero”, pero tamén interesantes obras dos máis diversos xéneros: drama, documental, thriller, etc.. E, por suposto, un amplo abano de mesturas e experimentos formais e conceptuais, tan propios do sector máis atrevido e imaxinativo do audiovisual contemporáneo.
As webseries finalistas
As finalistas galegas: Galicia Crime, Antolepsia, Dalle Jas! (2T), As aventuras de Po e Teño unha horta en San Sadurniño.
As finalistas españolas: El show de Teresa Cuesta, Beto, Caniville, Cómo dejar los porros, Carlinos. La webserie, Judge Dredd: Superfiend. A todo riesgo, Lara Love, Pésame Street, Briget Jon de Triana, Te Quiero, yo tampoco e El Partido 2.
As finalistas internacionais: Tube Heads, Midnight Miracle, AFK, Camila no tiene un plan, Boy Scauts, You”re the next, Dang It To Heck!, Amy Street, Discocalypse, Si me volviera a enamorar, 5baksiv.net, Piscóticas inseguras, Waiting on Sound, Convos with my 2 years old, Behind The Blinds AKA Filmmaking 101, Psicosomática, Depto e The Dump / La Dump.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?