Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo e AETG organizan unha xornada sobre protección de datos e competencia desleal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo e AETG organizan unha xornada sobre protección de datos e competencia desleal

Redacción
Publicado: 18/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

seguridade-6.jpgA sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (no 104 da rúa García Barbón de Vigo), vai acoller este xoves 20 de abril un encontro informativo sobre medidas a pór en marcha para salvagardar datos propios e alleos e, tamén, para garantir o “xogo limpo” no ámbito empresarial das tecnoloxías da información. A Xornada sobre Protección de Datos, Competencia Desleal e Aplicación Práctica no Ámbito TIC vén da man de Ineo e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación e contará coas intervencións directas de especialistas de Caamaño, Concheiro & Seoane e de Marca Franca, que fornecerán ao público claves e recursos para evitar actos desleais por parte doutras empresas ou profesionais ou para garantir as mellores condicións posibles para a salvagarda da información.
A xornada, que é de balde, desenvolverase entre as 18.00 e as 19.30 horas. Dará comezo cun acto de benvida e, a continuación, encetarase un relatorio sobre responsabilidade por incumprimento da normativa de datos no ámbito das TIC e sobre as novidades que achega o regulamento europeo ao respecto. Esta charla virá da man de Francisco Caamaño, socio profesional do bufete CCS. A continuación falará sobre competencia desleal no sector TIC (accións preventivas, defensa, aspectos controvertidos) o conselleiro académico de CCS e profesor da UDC, Rafael García. Sobre as 18.45 será a quenda de Jacinto Parga, director de Marca Franca, que afondará nas aplicacións prácticas dende o punto de vista técnico dos programas de cumprimento normativo. Sobre as 19.00 horas abrirase unha xeira de preguntas na que tamén participará Miguel Caamaño, director de CCS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?