Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega GamersWalk quere revolucionar os eSports convertendo ao usuario en parte activa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega GamersWalk quere revolucionar os eSports convertendo ao usuario en parte activa

Redacción
Publicado: 19/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gamerswalk.jpgEntre as empresas estatais de meirande proxección en materia de eSports (deportes dixitais) atópase a galega GamersWalk, start-up tecnolóxica emprazada en Oleiros e posta en marcha por catro emprendedores, tres dos cales da nosa terra. GamersWalk, para quen non o saiba, é o nome co que se coñece unha plataforma de lecer dixital que se diferenza en boa medida do resto de competidoras na súa vontade de converter ao usuario en protagonista do xogo. Este mes de abril GamersWalk celebrou o seu cuarto mes de actividade, un treito de tempo que deu para moito: para acadar a cifra de 25.000 usuarios e para rexistrar picos de concorrencia e participación de ata 4.500 persoas conectadas ao mesmo tempo (e gozando cunha partida a través dun mesmo streaming).
Recentemente GamersWalk deixou clara a súa proxección ao ser adquirido o 20% da empresa polo empresario Rafael Contreras, fundador e presidente executivo da firma aeronáutica Carbures.
A orixe desta start-up tecnolóxica de Oleiros hai que rastrexala en xaneiro de 2015, cando os emprendedores Jon Torrado e Manuel Alexandre Rivas comezaron a dar forma á semente da plataforma. Tras un ano de “intenso traballo”, un ano despois incorporouse ao proxecto o equipo liderado por Juan Carlos Barros, hoxe en día presidente da sociedade. A culminación deste proceso chegou recentemente, co importante investimento realizado polo fondo impulsado por Rafael Contreras (unha contía de 600.000 euros). Froito deste novo pulo, foi a posta en marcha, na súa versión 1.0, da plataforma de deportes electrónicos propiamente dita, GamersWalk tal e como a coñecemos, que arrincou o pasado mes de decembro cos vimbios preparados e ultimados para afrontar un decidido proceso de internacionalización.
A plataforma inclúe entre outras cousas “un sistema único de preguntas e respostas”, en palabras dos seus responsables, cousa que favorece a participación dos usuarios como parte activa dos xogos e como destinatarios dunha serie de agasallos a través das súas partidas ou sesións de streaming favoritas. O resultado é un servizo que abrangue xa máis de 100 streamers empregando a fondo a plataforma.
Segundo informou Contreras logo do seu investimento, GamersWalk “é unha plataforma única e con proxección, onde os usuarios son parte moi activa no proceso e xa non son meros espectadores, e que confirma que entramos definitivamente nunha nova era para a visualización dos eSports”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?