Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo aposta polo espírito de participación para a súa renovación dixital integral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo aposta polo espírito de participación para a súa renovación dixital integral

Redacción
Publicado: 19/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_conectamos.jpgA Universidade de Vigo quere avanzar no ámbito dixital, camiñar novos treitos no camiño da comunicación de vangarda para ser «máis aberta e participativa», tanto no durante do proceso como no despois. Froito deste proceso de afianzamento no ámbito smart, que en certa medida comparte conceptos cos procesos de dixitalización das administracións (a chamada Administracion Electrónica), a institución vén de pór en marcha a iniciativa Conectamos, un sitio web no que se dará conta dos avances e novidades deste camiño de remodelación para que toda a comunidade universitaria poida opinar e facer suxestións.
A iniciativa, polo tanto, será aberta á participación. Dito doutra maneira: nela, as persoas que forman parte da UVigo poderán envorcar as súas opinións e contribucións sobre cada unha das liñas de traballo dixitalizador previstas para os vindeiros meses. Liñas entre as que se inclúe a renovación da web da Universidade, uvigo.es, ou a reorganización de toda a estrutura de páxinas.
Máis en detalle, o proceso de renovación abrangue cinco grandes áreas.
Por unha banda, trabállase no eido da comunicación dixital, «fixando definicións e normativas que permitan avanzar con seguridade, planificando tanto os cambios a medio como a longo prazo de xeito estruturado».
Por outro lado, avánzase xa no deseño das webs, «tanto no relacionado coa aparencia como coa navegación e as versións para a visualización da páxina para computadores e pantallas de dispositivos móbiles».
Un terceiro eixo xira arredor da organización do portal institucional, para o que a Universidade considera fundamental ter un mapa o máis acabado posible dos contidos e navegación da mesma.
A cuarta liña de traballo refírese aos contidos do portal, que inclúe a reorganización dos contidos, así como a planificación e metodoloxía para facer a migración á nova web.
Finalmente, os devanditos treitos confluirán na construción do novo portal, un proceso do que se irá dando conta puntualmente na web da iniciativa Conectamos.
Segundo informa a Universidade de Vigo, o dito portal xa está en marcha, acubillando avances relativos ás cores, tipografía e estilo, así como normas xerais referidas a dominios, subdominios e URLs. Detrás do arrinque deste proceso de transformación houbo semanas de traballo e de estudos previos sobre a web da institución. Froito deste labor achouse a existencia de máis de 400 nomes de dominios e subdominios que, en palabras da Universidade, «xeran problemas de disgregación de identidade e de falta de harmonía do conxunto».
Un dos avances que xa se recollen en Conectamos é como dixemos a estrutura do novo portal. Este artellarase arredor de cinco grandes seccións: A Universidade; Estudar; Investigar, No campus e Ven á UVigo! «Cada un destes cinco grandes bloques», explican fontes da institución viguesa, «conterá nos niveis interiores todos os apartados, sub-apartados e informacións necesarias para comunicar que é, que pretende e que fai a Universidade de Vigo».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?