Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amplíase o prazo de axudas para levar a banda larga ultrarrápida ás empresas e autónomos máis afastados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amplíase o prazo de axudas para levar a banda larga ultrarrápida ás empresas e autónomos máis afastados

Redacción
Publicado: 19/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rural_galego_afastado.jpgPara quen non o saiba, aínda a estas alturas, existen recursos de apoio dos que podemos botar man para ter unha boa conexión á Rede aínda que vivamos e traballemos en zonas rurais afastadas, zonas próximas a seren cualificadas de “áreas de sombra dixital”. Estes recursos, dirixidos a empresas e autónomos, están a ser postos en xogo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e consisten en axudas para dotar a quen traballe nas ditas contornas de banda larga ultrarrápida. O prazo para solicitar estes apoios xa debera estar pechado ou a piques de pecharse, pero a axencia que dirixe Mar Pereira vén de amplialo en tres semanas para abranguer a meirande cantidade de profesionais e empresas. Con esta modificación da convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a axencia posibilita a presentación das solicitudes ata o vindeiro 11 de maio.
O orzamento que se fai dispoñible ao abeiro destes apoios é de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. Segundo ten informado AMTEGA, as axudas subvencionarán ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por beneficiario (porén, os proxectos deberán ter un custo mínimo de 2.000 euros).
Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).
Os principais requirimentos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán non dispoñer a día de hoxe da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 Mbps e manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano. Segundo explica AMTEGA nas bases, “para cada solicitude valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas”.
Esta actuación é a segunda liña de actividade do Plan de Banda Larga de Galicia 2020, que en xullo de 2016 puxo en marcha unha primeira folla de ruta para conectar 81 polígonos industriais das catro provincias galegas a redes de ata 350 Mbps, que non contan con cobertura de redes ultrarrápidas nin previsión de dispoñer deste servizo.
En 2016 completouse o despregue en 17 polígonos. En 2017 cubriranse outros 30 e en 2018 os 34 restantes. A previsión de AMTEGA é de que en 2018 un total de 130 polígonos, “nos que se concentra case o 93% da superficie empresarial ocupada”, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?