Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cidade da Cultura acolle hoxe unha xornada sobre as vantaxes de impulsar a innovación no ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cidade da Cultura acolle hoxe unha xornada sobre as vantaxes de impulsar a innovación no ensino

Redacción
Publicado: 20/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apd_escolas_creativas.jpgA asociación APD e maila Xunta, con motivo da Semana Mundial da Creatividade e a Innovación, van celebrar hoxe unha xornada de debate sobre a necesidade de promover a capacidade de inventiva da xente nova dende o ámbito educativo ao empresarial. Baixo o epígrafe Escolas creativas, empresas innovadoras, a sesión celébrase no edificio CINC da Cidade da Cultura a partir das 17.30 horas. A xornada contará con relatores referencias dos ámbitos empresarial e educativo, debatendo acerca da necesidade de impulsar o máximo as capacidades dos nenos e adolescentes para achegar propostas novas e que, a ser posible, carrexen o xermolo da innovación e do disruptivo (a capacidade dun proxecto para marcar un antes e un despois).
A apertura da xornada será a cargo de Santiago Sesto, director de APD na Zona Noroeste, e de Vitoria Penide, responsable do Departamento de Formación e Innovación do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da Xunta de Galicia. A sesión contará coas intervencións de Elba Pedrosa, consultora en comunicación e creatividade e promotora e organizadora da First World Creativity & Innovation Week Galicia. Ademais, intervirán virtualmente Selma Prodanovic, fundadora e directora executiva de 1MillionStartUps e Nigel Newton, investigador e director do proxecto ELLI.
A actividade clausurarase cunha mesa redonda, baixo o título Educar hoxe para dirixir mañá, moderada por Sara Carreira, xornalista especializada en educación, e na que intervirán Luís Álvarez, conselleiro delegado de Optar Solutions, Pablo Campos, director xeral de VMS Automotive, Paloma Barreiro, directora de Atlantic MTA, Loreto Fernández, profesora da USC, Hipólito Puente, vicedecano do Colexio oficial de Psicoloxía de Galicia e José Manuel Leis, director do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago de Compostela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?