Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A edición 2017 do ICCWeek xa ten aberto o prazo de inscrición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A edición 2017 do ICCWeek xa ten aberto o prazo de inscrición

Redacción
Publicado: 21/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iccweek_2017.jpgXa está aberto o prazo de inscrición para asistirmos ás actividades do ICCWeek2017 de Ourense, que se desenvolve en diferentes puntos da cidade e da provincia entre o 2 e o 7 de maio. Como lembraremos, trátase dun conxunto de actividades multidisciplinares (concertos, proxeccións, presentacións de novas tendencias tecnolóxicas e de aplicacións móbiles, demostracións de vídeo xogos, obradoiros, charlas e mesmo unha festa informática para a mocidade, a Technium Party) organizado pola Deputación de Ourense co obxectivo de converter a provincia no epicentro da creatividade e da innovación a nivel galego, estatal e internacional. Este ano xuntará a ICCWeeek xuntará máis de 40 profesionais de diversos eidos, xirando arredor da cultura, a tecnoloxía, o audiovisual, a creatividade, a música, a fotografía e as novas tendencias. Segundo lembra estes días a Deputación de Ourense, organizadora da semana, todos relatorios son de balde. A edición 2017 do evento celébrase baixo o seguinte epígrafe: Cultura e creatividade como valor nos territorios.
Como dixemos, a semana desenvolverase en diversos puntos da provincia e contará ademais con representantes de El País Retina, Ouishare, o blog El Comidista, o Grupo Nove, a serie El Ministerio del Tiempo, VEGAP ou a produtora Disney. As actividades comezarán o 2 de maio cun acto inaugural que xirará arredor da Cultura e creatividade como valor nos territorios e contará coa presenza de Javier Rioyo, director do Instituto Cervantes de Lisboa, cineasta xornalista e escritor, e Elsa Punset, escritora e divulgadora, para culminar cun concerto de Depedro no Teatro Principal.
No que atinxe ao ámbito que nos ocupa, o tecnolóxico, lembrar que o espazo de divulgación La Molinera, emprazado na propia cidade de Ourense, será o punto de encontro para as persoas máis interesadas nas tendencias da cultura dixital, onde se afondará nos grandes desafíos da economía cooperativa ou da nova economía do coñecemento. Para afrontar esta tarefa, ICC Week contará coa presenza con Pako Rodríguez (Ouishare), Fran Rodríguez (director da ESEI do Campus de Ourense), Xosé Lois Vázquez (director do Outono Fotográfico), Javier Gutiérrez (director xeral VEGAP) e Jaime García Cantero (director xeral de contidos de El País Retina).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?