Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os xornalistas rematan abril con 20 novos obradoiros sobre os segredos da comunicación tradicional e dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os xornalistas rematan abril con 20 novos obradoiros sobre os segredos da comunicación tradicional e dixital

Redacción
Publicado: 21/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xornalismo_na_escola.jpgO Colexio de Xornalistas de Galicia vai rematar o mes de abril cunha “actividade frenética” de divulgación nos centros educativos. Estamos a falar de vinte obradoiros a desenvolver en dez concellos de toda Galicia, todos eles abeirados ao programa Xornalismo na Escola que, como lembraremos, responde á vontade do devandito Colexio de amosar aos nenos e adolescentes os segredos da profesión que representa e mailos seus desafíos na comunicación dixital. Os obradoiros mostrarán, entre outras cousas, como mudaron nos últimos tempos os nosos hábitos informativos e ata que punto se transformou, co afianzamento das novas tecnoloxías, a profesión xornalística (sen dúbida un dos traballos máis directamente atinxidos polo espallamento da sociedade dixital).
A iniciativa, que vén da man do Colexio Profesional de Xornalistas e a Obra Social La Caixa recala a semana entrante na Coruña, Pontevedra, Ourense, Pontedeume, Marín, Ferrol, Teo, Santiago de Compostela, Salceda de Caselas e Mugardos.
Datas e localizacións
O luns 24 a semana comeza con obradoiros no IES Otero Pedrayo da Coruña (en horario de 9:35 a 11:15 e de 12:35 a 14:15), no IES A Xunqueira 1 de Pontevedra (de 10:00 a 11.30 e de 16:30 a 18:00), no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense (entre as 10:30 e as 12:10) e no IES Fragas do Eume de Pontedeume (de 12:30 a 14:10). O martes 25 os talleres chegarán a Ferrol (de 10:30 a 12:10 no IES Ricardo Carballo Calero), Marín (a partir das 11:30 no IES Illa de Tambo) e Teo (no IES de Cacheiras, entre as 16:30 e as 18:10).
O mércores 26 realizaranse novos obradoiros no IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol (de 12:30 a 14:00 horas) e no IES de Cacheiras, Teo (entre as 12:45 e as 14:25), ademais de sumarse o IES Pontepedriña de Santiago de Compostela, con dous talleres de 10:45 a 12:25 e de 12:45 a 14:25. Finalmente, o xoves 27 estreanse o IES de Mugardos (con dous obradoiros de 8:45 a 10:25 e de 10:45 a12:25) e o IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas (con outros dous de 10:10 a 11:50 e de 12:20 a 14:00), ademais de novos talleres no IES Illa de Tambo de Marín (de 8.30 a 11:00 e de 11:00 a 13:00 e o IES Eduardo Blanco Amor de Ourense (de 12:30 a 14:10).
Preto dun centenar de obradoiros
En toda Galicia está programada a celebración de 90 obradoiros, cos que se pretende chegar a uns 3.000 rapaces e rapazas. Ángel Castro, Susana Bastón, Sara Martínez, Xosé Lois Carrión, Águeda Penedo, Lucía Álvarez, Elvira Álvarez, Ángeles Fernández e Víctor Sariego son os xornalistas que están a impartir os obradoiros. Até maio, axudarán a que a xuventude coñeza o funcionamento dos medios de comunicación e tratarán de estimular na mocidade o espírito crítico ante a información e as noticias nos medios de comunicación offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas Tecnoloxías de Información e a Comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou tamén o que pode supoñer para á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
O proxecto de Xornalismo na Escola, que se pode seguir en Twitter baixo o cancelo #XornalismoNaEscola, é posible grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa e que agora se renova e amplía “cunha segunda edición máis ambiciosa”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?