
Entre estes arquivos figuran os libros de actas de entre 1862 e 1960, os padróns de habitantes do devandito período ou o libro de emigrantes, materializado entre as décadas dos 20 e os 30 do século pasado.
Estes documentos van ser acubillados en Galiciana – Biblioteca Dixital de Galicia, o servizo de documentación accesible da Consellería de Cultura (de feito, a consulta que poderá facer a cidadanía dos recursos achegados polo Concello de Ribeira será libre e aberta). A intención do Goberno local de Manuel Ruízo é seguir avanzado na dixitalización de arquivos de seu.
Ribeira pon parte do seu pasado na Biblioteca Dixital de Galicia
Compartir Este Artigo

