Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Samsung rodará en Lalín un novo spot publicitario de seu
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Samsung rodará en Lalín un novo spot publicitario de seu

Redacción
Publicado: 21/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lalin_presentacion_anuncio_samsung_16_.jpgSamsung, a referencial compañía coreana de electrónica e tecnoloxías, vén de anunciar que vai rodar en Lalín un novo spot publicitario de seu. A nova foi dada a coñecer onte polo concelleiro de Turismo, Francisco Vilariño, que anunciou que o audiovisual resultante terá como fío condutor a promoción dun televisor de última xeración, sendo o emprazamento elixido para tal presentación (de maneira íntegra) o interior do consistorio lalinense, un referente na construción actual de infraestruturas públicas (deseñado, como lembraremos, polos arquitectos Mansilla e Tuñón). Segundo engadiu Vilariño, o elemento crucial da rodaxe será a escaleira helicoidal do vestíbulo do edificio.
O conselleiro amosou a súa “enorme satisfacción” pola nova achegada por Samsumg, porque “despois de moito traballo, esta firma tan recoñecida a nivel mundial escolleu Lalín para gravar un dos seus anuncios”. Vilariño tamén salientou a “gran repercusión” que vai ter para este municipio a emisión dun spot que se poderá ver en todo o mundo e que terá un alcance de millóns de persoas.
A produtora que vai realizará o vídeo comercial é Team Works Spain, que estará dirixido por Lily Coates e GabinYoungs, responsaeis de The Apiary, compañía con sede de seu en Australia. Trátase dun proxecto de enorme dimensión onde Lalín competiu con outras localizacións de Alemaña, Brasil ou Xapón. O spot vaise gravar os días 29 e 30 deste mes coa participación dun equipo de 60 persoas. Francisco Vilariño engadiu que o anuncio servirá como “carta de presentación única do noso concello” e asegurou que “terá unha gran repercusión a nivel socioeconómico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?