
O material, informan Ana e Alba, baséase na análise de preto de 10.000 fotografías publicadas en 75 libros de texto de Educación Física entre os anos 2000 e 2011, coincidindo coa vixencia da LOGSE e da LOE. O proxecto, engaden, é froito dunha investigación realizada en dúas teses de doutoramento previas, unha delas da propia coautora Alba González, presentada na facultade pontevedresa.
O desenvolvemento das accións acubilladas a través da páxina diríxense a rapazas de máis de dez anos de idade. Estas actividades están a revelar datos de interese sobre o contido e máis o fondo da cultura visual tendo en conta criterios de xénero. Segundo se explica, hai no anterior eido un claro desequilibrio, posto que “os homes son protagonistas do 47,3% das fotografías e as mulleres do 32,9%, algo que pon de relevo que os referentes masculinos son máis abundantes que os femininos, sobre todo no caso destas instantáneas que están relacionadas co corpo e coas expresións motrices”, subliñan.
Nova convocatoria do Premio Antonia Ferrín Moreiras
Coa finalidade de “seguir incentivando ao profesorado a crear material e recursos docentes con perspectiva de xénero”, a Unidade de Igualdade vén de publicar unha nova convocatoria do Premio Antonia Ferrín Moreiras, que consiste nun galardón de 3.000 euros e un accésit de 1.500 euros. O concurso, que alcanza xa a súa quinta edición, xunta cada no propostas inspiradas polo respecto á igualdade entre mulleres e homes que nun futuro serán empregadas na docencia. A convocatoria está dirixida a todo o profesorado que teña ligazóns permanentes coa Universidade. O prazo para acoller achegas manterase aberto ata o 23 de xuño.
Chega dende a UVigo unha nova web con material didáctico sobre xénero e actividade física
Compartir Este Artigo

