Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa temos dispoñible a aplicación para participar no certame de microrrelatos de Feiraco arredor das Letras Galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa temos dispoñible a aplicación para participar no certame de microrrelatos de Feiraco arredor das Letras Galegas

Redacción
Publicado: 24/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cultura_conselleira_feiraco_letras_galegas.jpgA semana pasada presentouse a nova edición do Certame de Microrrelatos Feiraco-Letras Galegas 2017, un concurso para festexar a nosa cultura e facelo da mellor maneira posible, creando cultura galega, e ademais con xanelas ao mundo a través da Rede (a través de Feiraco.gal). Segundo se fixo saber, trátase da sexta convocatoria da iniciativa, impulsada cooperativa láctea galega integrada agora en Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A idea de Feiraco, unha vez máis, é “homenaxear as nosas letras e, nun ámbito máis específico, ao autor homenaxeado este ano pola Real Academia Galega, Carlos Casares”. A maiores, a cooperativa quere o tributo sexa o máis colectivo posible.
A nova edición do certame foi dada a coñecer o venres polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o vicepresidente de CLUN, José Montes, acompañados polo administrador da Fundación Carlos Casares e fillo do escritor, Håkan Casares. Segundo explicaron, o certame incorpora este ano como novidade, ademais da categoría de persoas adultas (desde os 19 anos de idade) unha categoría de participación xuvenil (dos 13 aos 19) co obxectivo de “contribuír á dinamización lingüística entre a mocidade desde a creación literaria”.
Tamén informaron de que aplicación desde a que se pode participar xa está dispoñible na web www.feiraco.gal. Para facelo, para achegar a nosa contribución literaria, temos que compartir na devandita ferramenta do concurso acubillada na devandita páxina un relato orixinal, escrito en galego, que comezará coa seguinte frase de Carlos Casares “E ali estaba, sentado nun sillón azul…“, pertencente á obra casariana Deus sentado nun sillón azul. Ademais, disto, non deberemos superar os 500 caracteres nos que se inclúan tanto espazos como a frase inicial proposta.
Todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa poden consultar as bases legais do certame en poden xa www.feiraco.gal e terán que enviar os seus microrrelatos dende xa e ata o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas. Un xurado conformado por escritores, membros de Feiraco e da Secretaría Xeral de Política Lingüística serán os encargados de avaliar as contribucións participantes para escoller os/as gañadores/as desta edición valorando a orixinalidade e creatividade da historia, a coidada redacción e o uso correcto da lingua galega.
De entre as persoas participantes, seleccionaranse un total de seis, tres por categoría, que se darán a coñecer o 5 de xuño no mesmo web da marca. Os primeiros premios de cada categoría recibiran cadanseu exemplar da Enciclopedia galega universal e os catro restantes un lote de títulos de literatura galega cedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, así como un lote de produtos Feiraco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?