Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC emitirá novamente en liña o Concurso Lucus Intercentros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC emitirá novamente en liña o Concurso Lucus Intercentros

Redacción
Publicado: 25/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lucus_intercentros.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo vén de anunciar que emitirá a través da Rede e en directo, en streaming, a sexta edición do Concurso Lucus Intercentros que se celebra este xoves, día 27 de abril, no IES Muralla Romana. A cobertura da Fundación TIC realizarase por cuarto ano consecutivo e nela participarán novamente alumnos, bolseiros e profesionais da entidade da Deputación de Lugo. A retransmisión en liña desta competición entre institutos poderase seguir a tempo real a través dun banner que se habilitará na web da TIC e do IES Muralla Romana.
Para fornecer a mellor e máis completa cobertura, a Fundación habilitará catro cámaras que ofrecerán “en detalle” a evolución da competición. Nela, para quen non o saiba, participan estudantes de primeiro curso de Bacharelato dos sete institutos de Educación Secundaria que hai na cidade de Lugo. Os traballos da Fundación TIC permitirán que o alumnado destes sete centros poida facer seguimento dende as súas aulas da actividade dos seus compañeiros presentes no certame. Ademais, aqueles estudantes que non se conecten na xornada do 27 de abril teñan a posibilidade de ver o concurso en diferido a través da canle en YouTube da Fundación TIC.
O certame é unha das prácticas do currículo de Asistencia á Dirección na organización de eventos e actos públicos, do Muralla Romana. Da súa organización ocuparanse alumnos de Administración e Xestión, coa colaboración do departamento de Informática, do CIFP Politécnico de Lugo, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e da Escola de Imaxe e Son de Lugo, EIS.
O Lucus Intercentros busca relacionar a través dunha xornada lúdica aos alumnos e profesores dos institutos de educación secundaria públicos de Lugo. Estes son: Anxel Fole, Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Muralla Romana, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sanxillao e Xoán Montes.
A colaboración da Fundación TIC nesta iniciativa é froito dun convenio asinado co IES Muralla Romana para promover as ensinanzas que se imparten no instituto lugués e, tamén, para completar a formación dos estudantes cara a súa inserción laboral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?