Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Termas e o Concello de Lugo lanzan certame para impulsar innovación comercial e social
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Termas e o Concello de Lugo lanzan certame para impulsar innovación comercial e social

Redacción
Publicado: 25/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_lugo_termas_wonderful.jpgFavorecer a innovación empresarial e social. E se, aínda así, esta non abrolla, redobrar esforzos. Esta é a base do proxecto Wonderful, unha iniciativa impulsada polo Centro Comercial As Termas en colaboración co Concello de Lugo, ao abeiro das accións de responsabilidade social corporativa de LAR España, propietaria da área comercial. Segundo fixeron saber onte en rolda de prensa a concelleira de Economía Ana Prieto e máis o xerente de AS Termas, Esteban Patiño, Wonderful lánzase a “fomentar proxectos innovadores que melloren a relación do cliente co seu centro comercial e a relación dos cidadáns coa cidade”. A marxe para a creación de novas tecnoloxías de comunicación entre tecido comercial e cidadanía é ampla de abondo.
Na cita, na que tamén participou un representante do Grupo PGS, organizador do certame, Federico García Liñares, lembrouse que as candidaturas poden presentarse ata o 4 de xuño e que os gañadores recibirán acceso a financiamento, investimento privado, ferramentas tecnolóxicas e difusión.
Ana Prieto salientou que este proxecto agroma da responsabilidade social empresarial, “unha estratexia que xera un importante retorno económico, porque é unha vantaxe competitiva e un factor que marca diferenzas, pero tamén un importante retorno social”. Wonderful, sinalou, participa deste marcado perfil social e dinamizador, non só na forma senón tamén no contido: a través do proxecto recoñeceranse e visualizaranse propostas para centros comerciais e tendas que sexan, tamén, solucións innovadoras dirixidas a mellorar a calidade de vida do cidadán con respecto á súa cidade.
A concelleira agradeceu a LAR España que elixise Lugo para desenvolver Wonderful, que acollerá só outra provincia galega e 8 en todo o ámbito estatal, e animou aos emprendedores e empresarios do municipio “a participar cos seus proxectos”.
Pola súa banda, o xerente do Centro Comercial As Termas, agradeceu ao Concello que acollese “con moitas ganas” este proxecto, que busca “axudar a que saian adiante proxectos de innovación, fundamentais para o desenvolvemento social e económico, na fase de inicio, que é a máis comprometida”.
O representante de PGS explicou que poderán presentarse ao concurso emprendedores ou empresas que desenvolven a súa actividade na provincia. Tamén explicou que se ben serán ben acollidas propostas relacionadas coas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC, un dos piares do concepto de “innovación”), tamén se valorarán moi positivamente outras achegas non necesariamente dixitais que contribúan a mellorar os procesos, os servizos e as comunicacións entre clientes e usuarios.
Wonderful inclúe dúas categorías:
· O Teu Centro Comercial, que premiará os proxectos de negocio ou empresas máis innovadoras que solucionen ou melloren a relación do cliente co seu centro comercial ou tendas.
· A Túa Cidade, que premiará solucións innovadoras que melloren a relación dos cidadáns coa cidade.
Os gañadores conseguirán un conxunto de premios orientados a axudarlles a poñer en marcha o seu negocio grazas aos patrocinadores do proxecto (Correos Lab, BzSpark de Microsoft, BStartup de Banco Sabadell ou El Economista) e que consistirán, entre outros, en acceso a financiamento bancario, investimento privado, ferramentas tecnolóxicas e difusión. Os vencedores de cada Comunidade ao abeiro da categoría O Teu Centro Comercial participarán no Wonderful Summit presentando os seus proxectos de negocio no primeiro Encontro Nacional de Innovación en Centros Comerciais e Retail, que se celebrará en xullo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?