Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telecomunicación de Vigo convoca a segunda edición do seu microconcurso literario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telecomunicación de Vigo convoca a segunda edición do seu microconcurso literario

Redacción
Publicado: 26/04/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_microconcurso_poesia.jpgA Biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus de Vigo vén de convocar no Facebook a segunda edición do seu certame literario, un concurso que salienta por dúas cousas fundamentais: primeiro, por non abrollar especificamente dun ambiente literario no sentido estrito da palabra (cousa dobremente meritoria) e, segundo, por estar concibido para ser desenvolvido integramente nas redes. Isto último non só atinxe ao espazo de publicación das creacións senón tamén ás características que se esixen ás propostas que se presenten: que non vaian alén do que podería ser unha mensaxe común en Facebook ou Twitter. Máis polo miúdo, a extensión máxima dos textos que se presenten á II edición do Microconcurso de poemas será de cincuenta palabras. Para esta segunda convocatoria a organización decidiu apostar de cheo pola poesía, tendo en conta que o 21 de marzo celebrouse esta expresión artística a nivel internacional.
Na pasada edición participaron no concurso 22 textos, resultando gañadora a proposta do profesor da escola de EE de Telecomunicación Artemio Mojón, unha peza en clave humorística que foi elixida polos propios usuarios da biblioteca do centro cun 23% dos votos. Nesta nova convocatoria a Biblioteca conta coa colaboración da Área de Normalización Lingüística, que fornece o material gráfico, da Biblioteca Universitaria, que pon os diplomas para os gañadores, e a Escola de Enxeñería de Telecomunicación, que subministra o premio, un kit de desenvolvemento en Raspberry Pi 3, escollido para “motivar aos estudantes de Telecomunicación e a todos aos que lles gusta a informática.
Para todos e todas os que queiran participar, o textos deben ser en lingua galega, con temática libre e unha extensión máxima de 50 palabras. O prazo para presentar as obras xa está aberto e remata o 30 de abril. Cada participante poderá presentar cantos textos queira e poderán participar todos os membros da comunidade universitaria, agás o persoal da biblioteca. Unha vez recibidos os textos, exporanse na biblioteca da escola do 2 ao 16 de maio, para que sexan os propios usuarios e usuarias os que se encarguen de elixir o gañador desta nova edición. O 18 de maio darase a coñecer o gañador ou gañadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?