Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica ofrece ás empresas os servizos da súa plataforma Big Data con tecnoloxía de HPE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica ofrece ás empresas os servizos da súa plataforma Big Data con tecnoloxía de HPE

Redacción
Publicado: 26/04/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

big_data-11.jpgTelefónica vén de habilitar ao servizo das grandes empresas os servizos da súa plataforma de Big Data Hortonworks de Hadoop, sustentada na tecnoloxía de Hewlett Packard Enterprise (HPE). O obxectivo desta achega é permitir que as compañías poidan “optimizar os seus datos sen necesidade de investir en infraestruturas e asesoramento”. Isto, sostén a operadora, emprazará ás empresas nunha máis óptima situación para mellorar os seus recursos e procesos, axilizar a toma de decisións ou emprender desafíos novos. En definitiva, trátase de fornecelas de metodoloxías accesibles para subirse ao carro da chamada Industria 4.0 (máis eficaz, máis eficiente, máis sustentable e máis capacidade para facer máis con menos).
A accesibilidade e a dispoñibilidade son as claves da iniciativa. De feito tanto Telefónica como HPE manifestaron que son conscientes das dificultades das grandes compañías para emprenderen proxectos de aproveitamento da información inxente nas redes e servidores, “debido á súa complexidade, á súa heteroxeneidade e á rapidez con que se actualiza a tecnolóxica deste sector”. O servizo de Telefónica, porén, proporciona ás empresas “unha oferta homoxénea, coa flexibilidade precisa para aumentar a capacidade contratada segundo medra o volume dos seus datos a procesar”, informa a operadora, engadindo que a dita plataforma de Hadoop ten dúas funcionalidades básicas, por unha banda permitir a colleita e almacenaxe de todo tipo de información (un acubillo único) e pola outra guindar procesos de transformación de datos.
Ademais, Telefónica fornece ás grandes empresas consultoría tecnolóxica para “manter os seus procesos de xestión e extracción de datos sempre actualizados, así como servizos de analítica avanzada coas aplicacións que mellor se adapten ás súas necesidades”.
Lembrar que a plataforma de datos Hortonworks de Hadoop é un recurso aberto, open source, despregado sobre equipamento de HPE e aloxado no Alcalá Data Center, desde onde Telefónica opera, monitora e administra a infraestrutura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?