Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC colabora con XuvenCiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC colabora con XuvenCiencia

Redacción
Publicado: 27/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xuvenciencia.jpgEste xoves presentouse en Lugo, no Campus Terra da Universidade de Santiago, a quinta edición de XuvenCiencia, un programa estival organizado polo profesorado do Campus lucense en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación, sendo o seu obxectivo “espertar a vocación científica do alumnado preuniversitario de toda Galicia”. Na presentación da iniciativa, que se celebrará do 2 ao 8 de xullo, fíxose saber que se fornecen 135 prazas e que as inscricións pódese facer a partir das 16.00 horas deste venres 28 abril, a través da páxina web de Xuvenciencia. Na cita de hoxe participaron o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do Campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois, e máis o responsable de Turismo da Deputación, Eduardo Vidal Baamonde. Entre outras cousas fixeron saber que o proxecto abrangue máis de 100 eventos e está avalado pola participación duns 146 docentes da USC e outro persoal de apoio. Entre os espazos que se converterán en obradoiros para os participantes atópase a Fundación TIC da Deputación, que amosará aos estudantes como facer vídeos para YouTube, entre outras cousas. Tamén haberá un achegamento directos á robótica, entre outros moitos contidos
No acto tamén participou a profesora da USC e coordinadora do campus de verán XuvenCiencia Lugo, Mercedes Novo Rodríguez; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e Carlota López Pardo, en representación da empresa patrocinadora Aresa.
Segundo engadiron, as actividades acubilladas no programa van dirixidas a alumnado preuniversitario de cuarto de ESO e Bacharelato e desenvólvese baixo o lema Aprendendo desde a experiencia. Un dos seus obxectivos básicos, amais de fomentar as vocacións científicas, investigadoras e tecnolóxicas, é dar a coñecer á mocidade preuniversitaria os distintos itinerarios formativos que poden cursan nas seis facultades e escolas do Campus de Lugo, así como nos dous centros adscritos (Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría).
O V Campus de Verán XuvenCiencia iniciarase coa celebración dunha charla divulgativa a cargo do físico Cibrán Santamarina, quen fixo o seu doutoramento no CERN, onde sigue a colaborar na actualidade, co título Elemental, querido Schrödinger. Santamarina traballa no departamento de Física de Partículas da USC.
As actividades desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 20.30 horas, nas devanditas facultades e escolas do Campus.
As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos do Campus Terra e a centros e empresas colaboradoras (Fundación TIC, Aula de Produtos Lácteos, Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, Museo Provincial, Domus do Mitreo, AMSlab, Xenética Fontao, Hospital Universitario Lucus Augusti, Castro de Viladonga, Parque Eólico Experimental Sotavento), e a realización de actividades prácticas e de obradoiros relacionados coas titulacións científicas, técnicas e sociais do Campus Terra centran as accións previstas en quenda de mañá.
Polas tardes, o alumnado desenvolverá, baixo a tutela do profesorado universitario, distintos proxectos científicos ou técnicos a elixir entre 26 propostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?