Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Instálanse na Tecnópole catro novas firmas innovadoras ao abeiro dos Premios INCUVI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Instálanse na Tecnópole catro novas firmas innovadoras ao abeiro dos Premios INCUVI

Redacción
Publicado: 28/04/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_tecnopole_incuvi_novas_firmas_2017.jpgEste xoves formalizouse a “domiciliación” oficial na Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) dos catro proxectos gañadores no Campus de Ourense da sexta edición dos Premios INCUVI-Emprende, organizados pola UVigo para fomentar o espírito emprendedor. Trátase de Kuatro Marketing Digital, Nutrición Integral en Tu Empresa, OuVIr e Ridesport. No acto de presentación dos novos inquilinos participaron os promotores das ditas iniciativas innovadoras e máis Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus, Salustiano Mato, reitor da UVigo, e Patricia Argerey, conselleira delegada da Tecnópole, quen recibiu aos impulsores dos proxectos convidándoos a sentirse coma “na súa casa” e a tirar proveito dos espazos da Tecnópole para o seu traballo pero tamén para a súa formación, para asesorarse e para lograr a viabilidade. Respecto da actividade que van xerar, as catro start-ups centraranse na mercadotecnia dixital (Kuatro), en servizos de comunidades en liña para deportistas afíns (Ridesport), en hábitos alimenticios saudables para empresas (Nutrición Integral) e na acción transformadora para colectivos con diversidades funcionais (OuVIr).
Kuatro Marketing Digital é unha iniciativa de Andrés López, egresado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Miguel Madriñán e Adrián Santos. A súa proposta consiste en achegar asesoramento e deseño de solucións estratéxicas e operativas de mercadotecnia dixital, que optimicen a presenza en liña de calquera modelo de negocio, permitindo achegar o negocio aos seus consumidores “de forma práctica, eficaz e rendible”.
Pola súa banda, Ridesport é un proxecto emprendedor de Eva Robledo Rivera. Trátase dunha plataforma online de economía de colaboración cuxa finalidade é o turismo deportivo. Nela, os turistas/viaxeiros a un destino poderán pórse en contacto con persoas locais que practiquen o seu mesmo deporte, compartir gastos de desprazamento, así como o material requirido para a actividade e coñecer novos emprazamentos do seu deporte favorito desde un punto de vista local.
Polo que respecta a Nutrición Integral en Tu Empresa, a súa impulsora é Melanie Sol Biloni, procedente da Facultade de Ciencias, quen define o seu proxecto como “un programa de benestar global para as empresas que detecta necesidades puntuais dos empregados da organización e fornéceos de solucións estratéxicas para que melloren a súa calidade de vida”. A idea, apuntou, nace tendo en conta a ausencia de nutricionistas na rede sanitaria pública.
Por último, desde a Facultade de Ciencias da Educación xorde OuVIr, unha iniciativa da educadora social Estefanía Estévez. A súa proposta céntrase en xerar unha acción transformadora para as persoas con diversidade funcional de todo tipo, dende cognitiva a intelectual e persoas en situación de dependencia, ofrecendo asistencia persoal. Nesta edición dos Premios INCUVI-Avanza, que tratan de consolidar os dous mellores proxectos gañadores da pasada edición de INCUVI-Emprende, saíron seleccionados dous proxectos, un deles, chamado Brigantia, do Campus de Ourense. Lucía González e Rita Carreira, graduadas en Educación Social, propoñen en Brigantia “un espazo onde crear e desenvolver programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, avivar un lecer e un tempo libre saudable fóra do consumismo, e onde promover e fomentar a lingua e a cultura galega”. Elas continuarán no CITI, no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación da Universidade de Vigo, a maduración do seu proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?