Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago estrea sede electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago estrea sede electrónica

Redacción
Publicado: 02/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_comercio_sede_electronica.jpgA Cámara de Comercio de Santiago vén de estrear sede electrónica de seu. O obxectivo? Achandar o camiño das empresas e os emprendedores cara o acceso pleno aos recursos da entidade, máis en detalle as axudas dos programas financiados con fondos europeos. A plataforma de Administración Electrónica da Cámara de Santiago fornece a posibilidade de realizar estes trámites dixitalmente (telematicamente) na súa integridade: dende a fase da convocatoria ata a resolución final da axuda.
Segundo informa a entidade compostelá, só son precisos catro pasos para solicitarmos un incentivo destas características. Primeiro, acceder á sede electrónica e consultar as convocatorias abertas a través do buscador ou accedendo ás pestanas de clasificación dos trámites. Segundo, iniciar a presentación identificándonos cun certificado electrónico. Terceiro, completarmos os datos do solicitante, enchermos o formulario de solicitude e achegarmos a documentación requirida. Cuarto, asinar e presentar o formulario completado antes da data de fin da convocatoria.
Para efectuar a sinatura, por certo, é necesario ter instalada a aplicación gratuíta Autofirma facilitada polo Goberno de España, que se pode descargar dende a ligazón de seu. Segundo explica a Cámara de Santiago, nun apartado persoal as empresas poden consultar o estado das solicitudes, emendar información ou achegar novos documentos e acceder ás notificacións electrónicas. O acceso a esta área privada realízase mediante certificado dixital, que, segundo explican fontes da entidade compostelá, “asegura a privacidade da información e solicitante”.
A través da sede electrónica, explica a Cámara, “a tramitación e xestión das convocatorias de axuda dos programas será máis transparente, áxil e eficiente á vez que as empresas e emprendedores terán unha nova canle máis accesible, sinxela e con maior dispoñibilidade para solicitar as axudas”.
Organismo intermedio de programas europeos
A Cámara de Comercio de Santiago actúa como organismo intermedio dos programas de axudas da Unión Europea. En total, a Cámara de España xestionará ata o ano 2020 máis de 400 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos FEDER e FSE. A dixitalización, innovación e internacionalización de PEME, a mellora da empregabilidade da mocidade e o apoio ás mulleres emprendedoras son as principais liñas de apoio das Cámaras de Comercio que contan con co-financiamento de fondos europeos. Estas accións desenvólvense a través de programas como TICCámaras, Innocámaras, Plan de Apoio á Competitividade do Comercio, Plan de Competitividade Turística, Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), o Programa de Apoio á Muller Empresaria (PAEM), Xpande e Xpande Dixital, deseñados pola Cámara de España e executados a través da rede de cámaras territoriais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?