Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago quere actualizar ás empresas na nube, no ecommerce e na mercadotecnia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago quere actualizar ás empresas na nube, no ecommerce e na mercadotecnia dixital

Redacción
Publicado: 02/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mercadotecnia_dixital.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela vén de pór en marcha un novo programa para facilitar a actualización dixital das empresas, autónomos e profesionais: ou sexa, a posta ao día arredor de ferramentas que lles poden ser vir (e moito) para incrementar eficacia, rendibilidade, presenza no mercado e competitividade. Estamos a falar do programa TIC Cámaras, unha nova convocatoria de axudas que se dirixe a achegar solucións de rendemento a través da incorporación de novas tecnoloxías, incentivando ás PEME para que incorporen ferramentas de produtividade na nube como por exemplo ERP, CRM (sistema de xestión de clientes), TPV (Terminais de Punto de Venda), loT (Internet das Cousas), Big Data (aproveitamento comercial da información masiva xerada nas redes) ou realidade virtual.
Tamén se porán en xogo recursos para a optimización de webs, tenda online, pasarela de pagos, facturación electrónica ou sinatura dixital. Asemade, subministraranse coñecementos de mercadotecnia dixital en canto ao emprazamento web, email marketing, redes sociais ou aplicacións móbiles.
Este servizo, informa a entidade compostelá, ofrece un diagnóstico gratuíto onde os técnicos camerais analizan o nivel de aproveitamento das tecnoloxías no negocio e recomendan diferentes opcións de mellora. Outra posibilidade do programa é a implantación dun plan de desenvolvemento tecnolóxico, subvencionado ata un 80% polos fondos FEDER da Unión Europea para investimentos dun máximo de 7.000 euros, e o 20% adicional estará financiado pola Cámara de Comercio e as propias empresas beneficiarias. O empresario poderá elixir o provedor, que se encargará do proxecto e a Cámara de Comercio tramitará a axuda. O prazo de presentación de solicitudes abrirase a partir do vindeiro 12 de maio e pecharase o 31 de outubro de 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?