Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Comezou a Ourense a ICC Week abordando os desafíos da comunicación e a cultura ante o reto dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Comezou a Ourense a ICC Week abordando os desafíos da comunicación e a cultura ante o reto dixital

Redacción
Publicado: 03/05/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

icc_week_2maio17.jpgFinalmente comezou esta semana a terceira edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas, que organiza anualmente a Deputación e que se dirixe, en palabras da entidade, a converter a provincia nun referente estatal e internacional en materia de creatividade, innovación e contidos. A Semana arrincou na tarde este 2 de maio, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, co acto de apertura oficial das actividades. Baixo o epígrafe Cultura e creatividade como valor nos territorios as accións previstas desenvolveranse ata o domingo 7 de maio en diferentes localidades da provincia. No acto inaugural participaron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a directora de Contidos no Laboratorio de Aprendizaxe Social e Emocional, Elsa Punset; e o xornalista, director de cine e guionista, Javier Rioyo.
Manuel Baltar salientou que durante estes días Ourense será “o punto de encontro da vangarda creativa para emprendedores, artistas e entidades, que converten ao noso territorio no marco perfecto para pensamento o intercambio de experiencias e as novas tendencias no ámbito da creatividade”. E engadiu: “Trátase dun acontecemento transversal na cultura e industria creativa que pon en valor sectores como o audiovisual, a música, a literatura, as novas tecnoloxías e outros sectores nos que a creatividade é o eixe vertebrador”.
Pola súa banda, Elsa Punset e Javier Rioyo ofreceron a súa visión sobre a cultura e a creatividade como valor nos territorios. Trala inauguración, o Teatro Principal acolleu o concerto musical de Depedro, quen presenta en Ourense seu último traballo, El Pasajero.
segunda_xornada_iccweek.jpg Respecto dos contidos logo do día de apertura, as actividades desta cuarta feira (mércores 3 de maio) centráronse en boa medida na música dixital e novos xeitos de distribuír e chegar ao público. Tamén houbo achegamentos á gastronomía e á elaboración de guións. Pola mañá, ás 10.00 horas, os participantes realizaron unha visita guiada ao Mosteiro de Oseira para, posteriormente, desprazarse ata o Multiusos de Cea, onde tivo lugar o debate sobre O futuro da música na era dixital, no que participaron a xornalista cultural Marta Gómez; a co-fundadora da plataforma ¡Queremos entrar!, Almudena Palacios; o director de Marca na multinacional M&C Saatchi, Daniel Sanchís; o músico e compositor Miqui Puig; e a presidenta de MMF Spain, Patricia Hermida. No debate sobre industria musical Marta Gómez fixo fincapé “no cambiante que é a industria musical”, afirmando que “o ano pasado foi a primeira vez que en España as vendas dixitais superaron ás físicas”.
Pola súa parte, Patricia Hermida falou sobre a precariedade da industria e as eivas da dixitalización, sendo un dos seus maiores problemas o feito de que “cada país teña a súa propia lexislación”. Tanto Patricia Hermida como Miqui Puig concordaron en que “nesta industria xérase moito diñeiro e o artista é o que menos recibe”, facendo fincapé na precariedade dos artistas no sector musical. Daniel Sanchís dixo que “a industria en España non existe, existen empresas que conseguiron sobrevivir, que é o que aquí se puido facer”. Na súa opinión “cómpre fixarnos noutras tendencias e plataformas para ter como referencia e saber a onde temos que chegar”. E engadiu: “O mundo dixital no que nacestes as novas xeracións permítevos todo o que queirades”.
Almudena Palacios, pola súa parte, explicou o nacemento do proxecto do que é co-fundadora, ¡Queremos entrar!, que xurdiu ante “a imposibilidade de acudir a concertos polo motivo de ser menor”. E explicou: “O cambio pasa por facer unha norma e levala perante o poder lexislativo, e iso é o que fixemos; sendo menor antes poderías entrar a outro tipo de espectáculos como o teatro ou o cine, pero non aos concertos”.
Programación deste 4 de maio
Mañá xoves, 4 de maio, pola mañá, as actividades retómanse no Castelo de Maceda onde a produtora Concha Fontenla ofrecerá un relatorio sobre A produción no cine e a televisión, de 10.00 a 12.00 horas e continuará o director de cine, Oliver Laxe, quen falará da travesía da súa película Mimosas, de 12.00 a 14.00 horas.
Pola tarde, as actividades continúan no edificio La Molinera desenvolverase relatorios sobre as tendencias na cultura dixital, na que participará, ás 16.00 horas, de Ouishare, Pako Rodríguez, quen falará da economía colaborativa; ás 17.30 horas será a quenda para o director do ESEI Campus de Ourense, Fran Rodríguez, o director do Outono Fotográfico, Xosé L. Vázquez e o director xeral VEGAP, Javier Gutiérrez, que debaterán sobre A fotografía ante a economía do coñecemento. Por último, ás 19.30 horas, o director de contidos de El País Retina, Jaime García ofrecerá un relatorio sobre Tendencias ”17.
Por outra parte, o Polideportivo do Campus de Ourense acollerá, a partir das 18.00 horas, o comezo da ICC Technium Lan Party.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?