Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME dobra participantes no primeiro trimestre de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME dobra participantes no primeiro trimestre de ano

Redacción
Publicado: 03/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra
O programa SmartPEME da Deputación de Pontevedra, iniciativa para encher a provincia (dende os centros de operacións SmartPEME de Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo) de accións formativas TIC ao servizo do tecido produtivo dos concellos, vén de duplicar o número de participantes nos seus obradoiros de formación sobre novas tecnoloxías ao longo do primeiro trimestre de 2017. En termos máis concretos, forneceu de servizos e recursos a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de ano, o que representa un incremento do 47 % respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior. Segundo fixo saber a entidade que preside Carmela Silva, “trátase duns datos moi positivos, que poñen de manifesto a utilidade do proxecto e que son o resultado dos esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento”.
Máis polo miúdo, entre xaneiro e marzo de 2017 SmartPEME ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os obradoiros abordaron moi diversas temáticas, desde formación básica en redes sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas coma Hootsuite ou Facebook Ads.
Por outra banda, a Deputación tamén informou de que no devandito período os servizos de asesoramento do programa foron solicitados por 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, “o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos das TIC, representando un aumento de case o 50 %”.
Ao servizo das PEME
A través de SmartPEME as empresas e autónomos teñen ao seu dispor todo tipo de actividades e servizos tecnolóxico-dixitais para mellorar a súa actividade diaria, dende obradoiros sobre ferramentas para favorecer a promoción ata recursos para optimizar a comunicación con clientes e mailas vendas. O proxecto SmartPEME é, en palabras da Deputación, “un novo modelo de servizo orientado á potenciación do desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra, que busca a mellora competitiva das PEME e persoas emprendedoras e autónomas e unha meirande optimización nas vendas, na eficacia e na eficiencia das súas tarefas, a través do mellor aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación”.
Dende a súa creación (tendo como orixe a arela do actual Goberno da Deputación de facer “máis útil, axustada, integradora e participativa” a antiga rede CPAE 2.0), SmartPEME abriuse a novos eidos de actuación e abrangueu “novos grupos de interese”, como son os e as emprendedoras, as asociacións empresariais e os axentes de dinamización en concellos. Conta ademais cunha rede de asesores e asesoras cualificadas nas TIC, que se poñen á disposición do noso tecido empresarial para fornecer servizos de información e asesoramento presencial e personalizado de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?