Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SSTQB e Vitae organizan na Coruña un evento formativo e gratuíto sobre calidade de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SSTQB e Vitae organizan na Coruña un evento formativo e gratuíto sobre calidade de software

Redacción
Publicado: 03/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

software_testing_probas_programas-2.jpgO Comité Español de Empresas de Probas Software (SSTQB polas súas siglas en inglés: Spanish Software Testing Qualifications Board) e a consultora tecnolóxica galega Vitae están a organizar na cidade da Coruña a segunda etapa da xira estatal do Comité programada para este ano 2017. O evento, en palabras de Vitae unha moi importante oportunidade para a mellora da calidade do software que se orixina e se desenvolve en Galicia, será de balde e celebrarase os días 24 e 25 de maio no Hotel Meliá María Pita.
O día 24 levarase a cabo unha sesión preparatoria para o exame de Probador Certificado – Nivel Básico do ISTQB. Ao rematar a sesión, celebrase unha proba en formato en liña a cargo de iSQI, o provedor de exames da entidade SSTQB. A asistencia á sesión preparatoria é libre e gratuíta. Segundo informa Vitae, o exame non é obrigatorio e ten un prezo de 150 euros, IVE non incluído.
Durante a mañá do día 25 iranse desenvolvendo os relatorios a cargo de provedores de formación, membros, membros de soporte e convidados do SSTQB. O rexistro, novamente, é de balde e libre.
Na tarde da segunda xornada de actividades realizaranse obradoiros da man (unha vez máis) de provedores de formación, membros, membros de soporte e convidados do SSTQB.
O obxectivo deste encontro é presentar ante o noso tecido empresarial o profesional o Comité Español de Empresas de Probas Software e á súa comunidade, expoñer a importancia do proceso de proba no ámbito do ciclo de vida de desenvolvemento dun produto software, en palabras de Vitae “cun marcado carácter práctico”, e dar a coñecer as iniciativas coas que se busca consolidar o SSTQB como un centro de colaboración entre empresas e institucións.
Horarios
As conferencias e relatorios, como dixemos, están previstas para o 25 de maio. A hora de inicio de rexistro é ás 8.30 horas, estando previsto para as 9.00 o inicio das actividades. Por certo que a partir das 14.15 e ata as 15.30 horas farase unha pausa para celebrar un cocktail cos participantes no evento. Polo que se refire aos obradoiros (talleres), darán comezo ás 15.30 horas e cunha extensión que dependerá das actividades prácticas e do desenvolvemento de cada obradoiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?