Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra celebra o 11 de maio o Día das Redes Galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O Campus de Pontevedra celebra o 11 de maio o Día das Redes Galegas

Redacción
Publicado: 04/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_dia_das_redes_galegas.jpgTemos Día das Redes Galegas. Será o 11 de maio, da man da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia. A xornada, para quen non o saiba, xa ten etiqueta de seu (#redesgalegas) e cometido básico: salientar o potencial das comunidades 2.0 para potenciar ao máximo a visualización e vitalidade da nosa lingua. A orixe desta conmemoración está na dita Facultade, cando hai tres anos o profesor Xabier Rolán impulsou o Social Media Day, coincidindo coa conmemoración do Día do Community Manager. Estes obxectivos mantéñense pero o evento muda de nome e de data, pasando a ser o Día das Redes Galegas e a celebrarse o 11 de maio, no Mes das Letras, co propósito de “reivindicar precisamente a necesidade de que o idioma gañe espazo nestas plataformas”.
O evento, que xuntará na Facultade diversos profesionais das tecnoloxías e da comunicación, non se vai celebrar este mes porque si. En palabras o profesor Rolán, “que mellor mes que maio para unha actividade sobre un espazo no que fai falta consolidar o galego como é na Rede?”. O obxectivo é facer debate no Campus de Pontevedra pero tamén, precisamente, nas comunidades dixitais. Aberto a todo o público interesado e coa opción de seguirse en streaming, o evento diríxese tamén a converterse “nun escaparate da xente formada nesta casa”, sinala o profesor, engadindo que a finalidade é amosar ao alumnado actual “que hai saídas, que hai traballo e que o mundo das redes sociais ademais de ser apaixonante é unha opción laboral moi interesante a ter en conta”.
Entre as participantes como relatoras atópanse María Pérez Justo, que traballa actualmente en Twitter España, ou Arancha Vilas, responsable de comunicación da marca de móbiles Elephone Spain. Asemade, o Campus estará representado por Cristina Rey, egresada da Facultade e responsable actual de comunicación dixital da firma téxtil Mekkdes. A relación de conferenciantes complétase co responsable de outbound marketing de Elogia, Marcos Gómez Lamela

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?