Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desafíos das relacións públicos no eido dixital, polo miúdo no Campus de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desafíos das relacións públicos no eido dixital, polo miúdo no Campus de Pontevedra

Redacción
Publicado: 04/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_pontevedra_congreso_relacions_publicas.jpgA Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra acolle dende este mércores un congreso sobre relacións públicas e sobre os desafíos aos que se enfronta este ámbito de traballo coa sociedade dixital. Segundo se fixo saber no evento, unha xuntanza que procura enxalzar o labor da comunicación nunha empresa ou entidade, as novas tecnoloxías imprimiron non poucas vantaxes neste eido, pero tamén unha serie de cuestións de risco. En palabras do investigador Antonio Castillo, da Universidade de Málaga, na sociedade da comunicación dixital, os erros poden ser fatalmente decisivos, posto que “serán coñecidos por todos e cada un dos implicados”. A edición número 12 do Congreso Internacional de Investigadores en Relacións Públicas vén da man das universidades de Vigo e Minho.
No evento, que se celebra por segunda vez no Campus de Pontevedra, participan preto de 70 expertos, profesionais e estudantes, procedentes de España e Portugal pero tamén de Arxentina, Venezuela, Colombia e México defenderán as súas investigacións nas súas diferentes mesas temáticas.
A conferencia inaugural do congreso correu a cargo do consultor portugués Renato Póvoas, autor do primeiro blog especializado nesta disciplina de Portugal, Relações Públicas Sem Croquete, no que incide no “carácter técnico” dunha disciplina que vai alén, como sinala, dos eventos. Afondar na situación no que se atopan as RRPP en Portugal desde unha “perspectiva práctica”, foi o eixo central dun relatorio no que este profesional salientou tamén as “grandes transformacións” que se están a vivir nun ámbito “en auxe por forza da dixitalización da comunicación e das redes sociais”.
Póvoas salientou que o principal desafío para os e as profesionais do eido pasa por “percibir cal é o noso espazo”. E engadiu: “Penso que as RRPP deben cada vez máis gañar coñecemento sobre outras áreas complementarias, xa que deben estar no centro de todo o proceso de comunicación”. Asemade, destacou que “achámonos na era dos contidos e a era dos contidos é a era das relacións públicas”, avogando para “xuntaren forzas a comunidade científica e empresarial e podermos todos camiñar no mesmo sentido”.
As xornadas teñen como eixo central as cinco mesas temáticas nas que se presentarán un total de 34 comunicacións. Estes bloques son: relacións públicas e medios, sector profesional, xestión de comunidade, públicos emerxentes e formación e investigación en RRPP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?