Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O humor e a innovación, nexos comúns das webseries gañadoras do Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O humor e a innovación, nexos comúns das webseries gañadoras do Carballo Interplay

Redacción
Publicado: 08/05/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carballo_interplay_2017_gala.jpgTal e como se agardaba, a cuarta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay resultou ser un éxito, pola calidade e a cantidade das obras presentadas, polo público convocado e, tamén, pola importante contribución galega na sección oficial. O certame, que se desenvolveu ao longo de tres días na vila coruñesa, foi ante todo un evento creativo e participativo onde primou, ante todo, a arela de divertir e achegar lecer de calidade. De feito, as comedias foron sen dúbida as protagonistas do palmarés. Outro dos puntos salientables desta edición foi o seu carácter de festival de todas e todos: recibiu máis de 140 propostas de todo o mundo.
Respecto das webseries gañadoras, Pesame Street gañou dous galardóns, o de animación e o do público, coa súa resposta á pregunta: Que nos dirían os animais se puidesen falar? Mentres, A todo riesgo acadou os premios de mellor webserie de imaxe real e o de mellor actor, para Miguel Lago Casal. Esta última achega conta a historia de Pedro Germán e Max, que sempre soñaron con ser inspectores de homicidios pero que só conseguiron un traballo como peritos de seguros.
Na categoría de mellor webserie de imaxe real, o xurado integrado polo guionista Rubén Ontiveros, pola guionista e creadora de contidos Isa Calderón, polo director Javi Camino e máis por Javier Trigales (en representación da Asociación Galega de Guionistas) e Giselle Llanio (en representación da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia) quixo facer tamén unha mención especial para Te quiero, yo tampoco, unha comedia documental que retrata a relación do director, Miguel Bosch, coa súa parella, Fran.
sadur_img_0412.jpgNo que se refire ás importantes contribucións das creadoras e creadores da nosa terra, Teño unha horta en San Sadurniño, conseguiu o galardón de mellor webserie en versión orixinal en galego. Como lembraremos, trátase dun proxecto xurdido para compartir o coñecemento das mulleres maiores do rural galego en relación cos traballos no campo.
Por outra banda, a comedia israelita You”re the next conquistou o premio á mellor webserie internacional coa súa historia de cinco mulleres na trintena “buscando o seu camiño na vida”. O xurado fixo tamén unha mención especial para a arxentina Si me volviera a enamorar, que se centra no vencello de amizade de tres adultos de arredor de corenta e cinco anos.
A segunda tempada da comedia política El partido, que segundo recorda a organización do Interplay conquistara o ano pasado o premio á mellor webserie de imaxe real, acadou nesta edición o premio CREA á mellor dirección para Álex Rodrigo. Mentres, Hilario Abad e José Luis Bustillo conseguiron o premio AGAG ao mellor guión polo seu traballo en Caniville, que narra as aventuras e desventuras dunha manda de cans. Finalmente, Teresa Cuesta fíxose co premio á mellor actriz polo seu papel en El show de Teresa Cuesta.

Hai vida en Bran?, mellor proxecto de webserie en galego

bran_img_0465.jpgO xurado composto por Mafalda González-Alegre, de Flooxer; David Sainz, da produtora Diffferent Entertanment; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica de Carballo; e Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay, decidiron outorgar o premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Hai vida en Bran?, creada e protagonizada por Ángela Andrada. Trátase, en palabras dos integrantes do xurado, “dunha webserie que conta a vida de Mariña, unha moza licenciada en belas artes que volve á pequena vila de Bran despois de intentar, sen éxito, abrirse camiño no mundo do cómic”. E engadiron: “É unha comedia con pequenas tinturas dramáticas que retrata a Xeración Xabarín, os mozos de soños rotos, criados enfronte dun televisor, aos que se lles prometeu que chegarían lonxe e que agora se atopan cun futuro incerto; trátase pois dun proxecto que quere cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?