Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aplicación Desafío Comercial SCQ estrea novos premios e funcionalidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aplicación Desafío Comercial SCQ estrea novos premios e funcionalidades

Redacción
Publicado: 09/05/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

desafio_scq_compostela_app.jpgA aplicación compostelá Desafío Comercial SCQ, ferramenta para amosar novas facianas dos establecementos da cidade, vén de ser actualizada polo Concello con novas funcionalidades e novos premios. A app, que está dispoñible para iOS e para Android, completou a súa oferta de recompensas con 20 paquetes de experiencias consistentes en xantares ou ceas para dúas persoas e noites de hotel con almorzo e acceso a spa, a escoller entre restaurantes e hoteis de toda España. Como lembraremos, Desafío Comercial SCQ comezou a súa andaina no pasado mes de novembro, sendo o seu cometido mergullar á cidadanía no pequeno comercio emblemático de Compostela “dende unha perspectiva lúdica”. Segundo explicou daquela o Concello, “o obxectivo pasa por buscar e atopar anécdotas e curiosidades que nos fan superar os retos do xogo e nos permiten gañar numerosos premios”.
A aplicación segue a historia de Rosa López Comunión, Rosita, personaxe compostelán dos anos 20, á que ás persoas usuarias deben axudar a atopar o contexto, a historia ou a anécdota asociada a determinados obxectos.
Os obxectos que as persoas usuarias teñen que atopar están relacionados cos oito comercios emblemáticos do 2016. Dese xeito, haberá que atopar un sombreiro (Sombreirería Iglesias), un gramófono (A Grileira), botes de esencia e musgo de Compostela (Farmacia Bescansa), un vestido (Tintorería Moderna), uns pendentes (sucesores de Bernardino Otero), unha cesta (Castañeiro), unha cunca (Ferretería Cruz), e un libro (Librería Pedreira).
Neste ano 2017, a aplicación foi mellorada polo Concello, ofrecendo ao xogador/a novas ferramentas e novos agasallos como os que citamos máis arriba (os 20 paquetes de experiencias devanditos). Estas novidades engádense ás recompensas xa dispoñibles o ano pasado: reloxos intelixentes, baterías para móbil e paraugas automáticos serigrafados.
Entre as novidades acabadas de introducir figura a seguinte: a persoa usuaria terá a posibilidade de consultar a estocaxe dos premios dende o menú da app, que lle informará de se quedan moitas, poucas ou ningunha unidade mediante a identificación das cores verde, laranxa ou vermella, respectivamente. Ademais, informou o Concello de Santiago, amplíase o número de premios que pode obter cada xogador/a. De feito, antes cada xogador/a podía obter un único premio, de menor ou maior categoría segundo optase por plantarse nun determinado momento ou seguir xogando e acadar así o premio maior. Agora admítese a acumulación de ata tres premios pola superación escalonada dos oito xogos de Desafío Comercial SCQ, identificados con cada un dos oito obxectos de Rosita. Cada xogador/a poderá obter ata tres premios.
Outra novidade é que os premios poderán recollerse tanto no Departamento de Comercio, mediante o envío dun e-mail ao enderezo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal, coma solicitar o envío mediante correo postal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?