Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BBVA e a Cámara de Comercio da Coruña amosan os retos da dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BBVA e a Cámara de Comercio da Coruña amosan os retos da dixitalización

Redacción
Publicado: 09/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bbva_camara_comercio_coruna_xornada.jpgA xornada Big Day, Digital Data, destinada a amosarnos os retos e posibilidades que ofrecen os recursos para a dixitalización e para a análise da inxente información que se xera nas redes, promete ser unha cita de especial interese para as nosas PEME. A cita, que se desenvolve este mércores 10 de maio na sede da Cámara de Comercio da Coruña, virá en dúas xeiras. Pola mañá, ás 11.30 horas, intervirán en rolda de prensa Rafael Domenech, responsable de Análise Macroeconómica de BBVA Research, e Juan Carlos Plaza, responsable de Produto Big Data de BBVA Data & Analitics. Falarán sobre o impacto que ten e terá a dixitalización nas empresas galegas e dos desafíos aos que se enfrontan para os seus procesos de medre e espallamento.
A intervención de Domenech e Plaza será, en palabras de BBVA (entidade organizadora do evento xunto coa Cámara da Coruña), un anticipo do miolo mesmo da xornada Big Day, Digital Data, que se celebrará esa mesma tarde na sede da Cámara da Coruña. A xeira matutina contará tamén coa asistencia de Antonio Couceiro, presidente da Cámara da Coruña, e máis de Yolanda Martínez-Bajo, directora Territorial Noroeste BBVA.
Polo que se refire á sesión vespertina, arrincará ás 18.30 horas cun acto de benvida institucional no que participará Gonzalo Ortiz, director da Cámara de Comercio da Coruña. Ás 18.35 será a apertura da xornada en si mesma, da man de Yolanda Martínez-Bajo. Ás 18.40 horas falará Miguel Cardoso, economista xefe de España BBVA Research, co relatorio Situación e retos da transformación dixital nas empresas galegas. Arredor das 19.10 horas será a quenda novamente de Juan Carlos Plaza, que abordará o relatorio Transformando con datos. A continuación será o intre do coloquio (arredor das 19.40 horas) e da clausura institucional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?