Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra recomeza a súa campaña de recollida de refugallos RAEE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra recomeza a súa campaña de recollida de refugallos RAEE

Redacción
Publicado: 09/05/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_raae_recollida_campus_de_pontevedra.jpgO Campus de Pontevedra vén de recuncar coa súa campaña de recollida de aparellos electrónicos e informáticos con vistas ao achado de segundas e terceiras vidas (ou, nos casos onde sexa imposible atopalas, con vistas a unha axeitada reciclaxe). Detrás da iniciativa está a Vicerreitoría do Campus, que, no marco do proxecto Green Campus, impulsou a cuarta edición da Semana de Recollida de RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos). Segundo informa a Vicerreitoría, ata este venres 12, as facultades e escolas do campus pontevedrés, así como a Casa das Campás, o Pavillón Universitario e a Escola Infantil contan con puntos nos que depositar estes refugallos, que posteriormente serán recollidos pola Oficina de Medio Ambiente da Universidade para proceder ao seu tratamento por parte dun xestor autorizado.
uvigo_raae.jpgO obxectivo desta iniciativa, explica o director da Área de Planificación do campus, Celso Cancela, “é convidar á comunidade universitaria a pensar uns segundos neses aparellos dos que estamos rodeados, que ás veces pasan inadvertidos, e que teñen algún tipo de materiais ou substancias polos que deben ser tratados, desde uns simples auriculares a un teléfono móbil”. A campaña está aberta á participación de toda a comunidade universitaria, así como aquelas persoas que queiran tamén achegarse polo campus a depositar algúns destes obxectos.
Inserida no plano de acción do proxecto Green Campus, que levou a Pontevedra a ser o primeiro Campus de España en obter a bandeira verde que outorga a FEE (Foundation for Environmental Education) polo seu labor en materia de educación e xestión ambiental, as tres edicións anteriores desta iniciativa posibilitaron xa a recollida de varios centos de dispositivos. Concretamente, a anterior edición, levada a cabo no mes de xaneiro, permitiu reunir un total de 136 aparellos, desde cargadores, teléfonos móbiles e impresoras, ata microondas, aspiradores ou mesmo un tocadiscos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?