Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo e ABANCA achegan unha aplicación para permitir o pagamento de impostos locais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo e ABANCA achegan unha aplicación para permitir o pagamento de impostos locais

Redacción
Publicado: 09/05/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

concello_lugo_abanca_presentacion_app.jpgO Concello de Lugo segue a dar pasos en materia de Administración Electrónica. Ou sexa, a prol de permitir e impulsar que as novas tecnoloxías fagan máis doadas, fluídas e completas as comunicacións e os procedementos entre os departamentos da Administración local e a cidadanía. Nesta liña, precisamente, insírese a ferramenta que o Concello presentou este luns, xunto con ABANCA. Trátase dunha aplicación de balde destinada a facilitar entre a veciñanza o pago de impostos locais a través de smartphones e tabletas, “sen custe adicional nin para o consistorio nin para os lucenses”. A ferramenta foi dada a coñecer pola alcaldesa Lara Méndez, e tamén polo director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, e os directores de Banca Institucional e de Innovación da entidade financeira galega, Santiago Novoa e Eduardo Aldao, respectivamente. Segundo fixeron saber, a aplicación “permitirá ás persoas contribuíntes o pagamento de recibos, para o que soamente será necesario ter descargada esta aplicación e dispoñer dunha tarxeta de débito ou crédito”.
No acto de presentación deste novo servizo tamén estivo presente a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto. Na sesión cos medios a rexedora salientou que a ferramenta constitúe “un avance máis no pagamento telemático, para facelo máis doado e accesible, e que se suma ás ferramentas de pago en liña que ofrece o Concello dende 2009”. Lara Méndez tamén aproveitou para contextualizar a aplicación, destacando que abrolla dun compromiso firme do Goberno local a prol da Administración Electrónica, un compromiso que deu como resultado a posta en marcha do proxecto Lugo Smart City, unha iniciativa beneficiada cun orzamento de 4,1 millón de euros e que se dirixe, nas súas palabras, “a converter a cidade nunha urbe intelixente e sustentable”. Méndez tamén incidiu na importancia da colaboración público-privada para desenvolver iniciativas en beneficio da veciñanza, “como é esta aplicación”.
Segundo fixeron saber os responsables de ABANCA, a ferramenta foi deseñada e desenvolvida pola entidade financeira galega para dispositivos Android e iOS, baixo o nome de “Concello de Lugo”. Tamén subliñaron que a aplicación descargarase no idioma no que estea configurado o dispositivo móbil.
Santiago Novoa salientou que “con esta app, poñemos a disposición de todos os veciños e veciñas de Lugo un servizo sinxelo e áxil, dispoñible as 24 horas do día e os 365 días do ano, que lles evita desprazamentos e incomodidades para atender o abono dos tributos locais”. Os responsables de ABANCA tamén destacaron que o proceso de desenvolvemento da ferramenta insírese dentro da estratexia dixital presente da entidade financeira, “coa que buscamos ofrecer aos nosos clientes o mellor servizo posible”.
Asemade, engadiron que a aplicación permite realizar o pagamento do recibo “en dous cómodos pasos”. Primeiro elíxese como se introducen os datos do recibo (facendo unha foto coa cámara do móbil ou tableta ao código de barras, introducindo os números do código de barras ou escribindo os datos do recibo) e, a continuación, teremos que teclear os datos da tarxeta para efectuar o pagamento. Segundo indicaron, “para axilizar a introdución da información, tanto da tarxeta como do recibo, a ferramenta permite engadilos facéndolles unha foto coa cámara do dispositivo”.
Na rolda de prensa tamén se fixo saber que a aplicación conta cun asistente que axuda ao usuario a formalizar o pagamento de recibos “guiándoo en todo o proceso”. O abono de recibos a través desta aplicación informática é gratuíto, sen ningún tipo de comisión.
Por certo que Lugo non é o único concello galego que conta con esta aplicación, xa que tamén está habilitada na Coruña e nas deputacións da Coruña e de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?