Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca fornece ás nosas PEME dun mapa de ferramentas TIC para a busca de mercados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca fornece ás nosas PEME dun mapa de ferramentas TIC para a busca de mercados

Redacción
Publicado: 10/05/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

zona_franca_guia_tic_seminario.jpgO Consorcio da Zona Franca de Vigo vén de amosar ao detalle un dos principais usos que lles podemos dar ás novas tecnoloxías e nos que non sempre reparamos como é debido: favorecer a procura de novos mercados das nosas PEME. Este de achegar o potencial das TIC para a internacionalización foi o cometido hoxe do primeiro dunha serie de catro seminarios (o ciclo Demolabs para a internacionalización) organizados polo Consorcio. Na apertura, a delegada Teresa Pedrosa salientou que “con estas xornadas buscamos apoiar ás empresas aumentando o seu coñecemento acerca das novas ferramentas e das saídas ao exterior que estas proporcionan”. En base a isto, a xornada serviu para presentar unha guía de balde a xeito de mapa de recursos TIC para o espallamento empresarial: unha guía permanentemente actualizada que fai especial fincapé na oferta de tecnoloxías de distintos provedores galegos.
Pedrosa tamén lembrou que os catro devanditos seminarios serán achegas divulgativas sobre o potencial das novas tecnoloxías no proceso de internacionalización das PEME. Desenvolveranse durante os meses de maio e xuño centrándose cada un deles nunha do catro grandes fases dun proceso de internacionalización. Hoxe comezou coa identificación de mercados; o vindeiro xoves día 25 tratará da promoción internacional; o mércores, 7 de xuño, da venda internacional e o do xoves 29 de xuño, abordando a xestión de operacións internacionais. As dúas vindeiras xornadas celebraranse na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra e a participación é de balde previa inscrición a través da web demolabs.czfv.es.
Durante o primeiro Demolab , dirixido a unha fase clave da estratexia internacional dunha empresa como é a identificación do mercado de destino, expertos pertencentes ao tecido empresarial TIC galego, en concreto das empresas SIMCe, Linknovate e Alia Technologies, presentaron as ferramentas tecnolóxicas que se consideran “de maior utilidade” nesta fase da internacionalización: a vixilancia competitiva e a business intelligence. Os expertos tamén debullaron experiencias doutras empresas exportadoras galegas que utilizaron con éxito estas ferramentas. A xornada contou tamén coa presenza da empresa Coplant Galicia, que relatou de primeira man como o uso destas ferramentas potenciou a súa actividade internacional.
Como complemento ao seminario, púxose a disposición dos asistentes o devandito Mapa de tecnoloxías para a internacionalización, en palabras do Consorcio “unha breve guía que recolle os principais mecanismos tecnolóxicos que as PEME poden utilizar para detectar información relevante para o seu acceso a mercados exteriores e procesala de maneira que sexa útil aos obxectivos estratéxicos devanditos, durante e despois do seu chimpo ao mercado internacional”.
En cada seminario, recoñecidos expertos do tecido empresarial TIC de Galicia presentarán de maneira práctica as tecnoloxías de apoio existentes para a fase do proceso de espallamento cara a novos mercados abordada. Cada evento contará tamén coa participación de PEME galegas que mostrarán a súa experiencia no emprego destas tecnoloxías durante os seus respectivos procesos de internacionalización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?